Sí, sí, é certo!!! Tivemos unha piraña na nosa clase. E non foi casualidade, senón que investigando cousiñas sobre a Selva A mazónica, descubrimos que alí hai moitísimas pirañas. Vímolo no EDI da biblio, e despois atopámonos cunha na nosa clase, porque a profe Susi nos trouxo unha que tiña ela na súa casa. Gustounos moito, sobre todo probar a meterlle os dedos nos dentes e saber que non nos podía morder!!!
Na imaxe parece que se esta sinalando ao peixe de abaixo como piraña, pero que quede claro que é o de arriba da esquerda, o que pasa é que estabamos dicindo os nomes de tódolos peixes que sabiamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario