BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

14/10/09

TEMOS 5 SENTIDOS, SABIADELO?

Hoxe aprendimos que temos 5 sentidos, por iso temos 2 ollos, 2 orellas, 1 naris, 2 mans e 1 boca.
Os ollos servénnos para ver, as orellas para escoitar, o naris para ulir, as mans para tocar e a boca para saborear.
E os sentidos teñen un nome:
E para traballar con eles, fixemos un xogo que elaboramos nós mesmos, creando unhas personaxes (unha feminina e outra masculina) cos órganos dos 5 sentidos. Mirade como
quedou o xogo:
Son graciosos, eh!
Pois fixémolos entre todos, uns pintamos as pezas, outros axudamos á profe á plastificalas, e outros as colocamos no seu sitio. Agora que xa sabemos xogar, podemos quitar as pezas e volvelas a colocar, porque están pegadas con velcro (material que tanto se utiliza nas aulas de infantil).

Tamén, hoxe os trasnos lle mandaron á encargada descubrir a sorpresa que estaba agochada na maleta das sorpresas, e esta vez tocoulle a María, quen con moita sorpresa e ledicia, nos contou e ensinou o que había na maleta: un bebé (boneco) e algúns a accesorios para coidalo (biberón, unha cremiña, panos, cubertos para darlle a comida, chupete...) e tamén un xogo de memoria das partes do corpo.
Este bebé viaxará ás nosas casas nas fins de semana, igual que os libros viaxeiros, e teremos que xogar con él coidandoo moito, dándolle a comidiña, poñéndoo a durmir... e todas as cousas que se lle fan ó bebés. As familias sacarédeslle fotos ós nen@s coidándo ó bebé, e nos escribiredes un pequeno resumo da fin de semana co bebé na vosa casa, no que se deberá incluir o nome que escollichedes para o bebé.
Non vos preocupedes, cando lle toque ó bebé ir á vosa casa, levará un documento no que se recordarán as normas deste "pequeno proxecto".
Así xogamos co xogo de memoria que nos mandaron os trasnos, buscando as parellas de tarxetas que había e sinalando as partes que aparecían nelas (pestanas, cellas., lingua..):

13/10/09

ALGÚN DE NÓS CHEGOU Á CASA CANTANDO OU BAILANDO?

Seguro que sí!! a alguén lle soa isto?? "CABEZA, HOMBRO, RODILLA Y PIE..." "OJOS, OREJAS, BOCA Y NARIZ..."
Como algúns aínda non viramos nas nosas casas o blog, pois bailamos todos na asemblea a canción do vídeo, para aprender o baile, e máis esas partes do corpo que di nela. Non nos ven nada mal recordalas, e cada día ir aprendendo cousas novas, verdade que non?
Tamén hoxe os maiores aprenderon unha poesía e traballaron con ela nunha ficha, mañá esa poesía no-la van ter que ensinar (os maiores van a facer de profes) e a ficha farémola tamén os pequenos, pero traballaremos nela de forma distinta, xa o veredes!

A POESÍA DE HOXE FOI:

NA MIÑA CARA REDONDIÑA
TEÑO OLLOS E NARIS
E TAMÉN TEÑO UNHA BOCA
PARA COMER E PARA RIR.


Os maiores tivemos que mirarnos no espello e facer o debuxo da nosa cara, ou mellor dito, completar unha cara que había ficha, e para iso, nos miramos no espello para que non se nos esquecera ningunha parte: cellas, pestanas, dentes, ollos, orellas...


Tamén vimos as fotos que trouxeron Sara e Carla de cando eran pequeniñas, algúns non as coñeciamos!!!!! pero elas nos explicaron moi ben cada unha das fotos!

SORPRESA!!!!!
Hoxe estivemos facendo material para facer xogos na clase, dámosvos unha pista (empregamos as tapas das botellas que pediramos). Non vos ensinamos aínda as fotos porque aínda non rematamos, pero xa veredes que esas tapas nos poden servir para aprender moitas cousas, no cole ou na casa. Estade atent@s!!!

12/10/09

COMEZOU A VIAXE DOS LIBROS VIAXEIROS

Por problemas técnicos, non subín antes as fotos, pero dúas familias xa saberedes que dous dos nosos libros viaxeiros comezaron a súa viaxe.
O venres, Carlota, que era a encargada do día, recibíu unha consigna de parte dos trasnos do cole, para atopar unha sorpresa na biblioteca, e cal era a sorpresa?? onde estaba?? só tedes que ver as fotos e estaredes plenamente informados.Pois sí os libros estaban agochados NA MALETA VIAXEIRA, esa na que irán aparecendo moitísimas sorpresas ó longo do curso, estou segura!!!!
Como vos dixera noutra entrada, cada libro viaxeiro terá unha temática diferente: contos, debuxos, cancións, poesías, adiviñas... os que comezaron a viaxar son: O LIBRO VIAXEIRO DOS DEBUXOS, e o LIBRO VIAXEIRO DOS CONTOS.
Dentro de cada libro xa van as normas e instruccións de elaboración do mesmo, así que, cando chegue ás vosas casas só teredes que ler a primeira folla e se vos quitarán as dúbidas.
Desexámoslle unha boa viaxe a estos libros, e que as familias desfrutedes moito na súa elaboración.

10/10/09

BÓS HÁBITOS

Faremos caso tamén dos bós consellos que nos dan para coidarnos, e nesta época na que tod@s estamos xa algo enfermiños (gripes, catarros...) non está de máis que retomemos os consellos que nos dan os Lunnis, porque... viaxes á caixa dos panos facemos moitas ó día, e aínda así... se nos esquece moitas veces poñer a man diante ó tusir.

9/10/09

HOXE...

Como xa vos adiantaramos, comezamos a traballar o corpo, e na asamblea entre todos dixemos que cousas tiñamos nel, e algúns dixemos: pelo, orellas, brazos... pero tamén dixemos pel, sangue... teremos que ser investigando, porque... seguro que debaixo da pel hai máis cousas, verdade?
Vimos uns murais e os maiores escribimos os carteis para poñerlle o nome a cada parte do corpo do neno e da nena que aparecían nel.
E logo chamamos ós pequenos/as que estaban traballando con plasti, fichas, ensartables, puzles... cada un no equipo e recuncho que lle tocaba.
Despois, cando rematamos de escribir os carteliños e pegarlle o velcro, chamamos a todos para facer o xogo de colocar cada cartel no seu sitio.
xogar no ordenador con este xogo (só temos que picar na imaxe e imos directamente á aplicación).
Nel iremos descubrindo as distintas partes da cara, e manexando o rato.
No cole tamén o faremos, ó longo da semana. Os maiores podédesnos ir dicindo o que nos pide o xogo, por exemplo, se temos que poñer uns ollos verdes, moito ou pouco pelo, etc, segundo di o xogo.
Ou tamén nos podedes deixar cogar libremente, e verdes que caras tan graciosas reconstruimos.
Este enlace quedará tamén no lateral esquerdo, xunto co resto de xogos.
Tamén vos podedes ir preparando para bailar con nós e xogar con esta canción que aparece no vídeo.

8/10/09

O NOSO CORPO

Imos comezar a traballar o corpo, e precisaríamos traer ó cole algunhas fotografías (4 ou 5) de diferentes fases da nosa vida (recén nados, 1 ano, 2 anos...).
Con elas veremos a evolución que seguimos as persoas: os cambios físicos que se dan..., as partes do corpo, as diferenzas e similitudes entre o corpo masculino e o feminino, faremos comparacións entre distintos rasgos físicos (algúns serían rubios ó nacer e agora son máis morenos, a cor de ollos...). Tamén traballaremos coas nosas alturas, número de pé... bueno, non vos adiantamos máis, xa o veredes!!!!
Asímesmo, precisamos da vosa colaboración para que nos deixedes levar ó cole calquera tipo de material que nos permita investigar sobre este tema do corpo humán. Válenos calquera cousa, dende material impreso sacado de internet, pasando por libros ou contos sobre o tema, xogos, películas, unha báscula para poder pesarnos, un metro para medirnos, algunha radiografía vella que teñamos na casa... Este material estaría recollido nun recuncho da aula, e a partir del e as cousas que nos traia a profe, máis o que nós xa sa sabemos, poderíamos ir traballando este tema no cole. Vos estaremos moi agradecid@s!

7/10/09

AREA????

Hoxe fixemos grafomotricidade con area, sí, sí, con area!!! había uns caldeiros e unhas gavetas con area e nós experimentamos a facer círculos, raias, garabatos... por certo, estaba fresquiña!!!
Tamén vimos cal era o número 1 e o repasamos sobre o poster do dinosaurio. E o simulamos no aire, é moi fácil, poñemos a noso brazo estirado e subimos un pouquiño para arriba, e logo para abaixo.
Tamén algúns puidemos comezar a xogar no ordenador, imos de un en un, e claro... non nos da tempo de facelo todos o mesmo día. Pero, podemos xogar na casa ó xogo de hoxe picando no enlace de ATOPAR A LUMPY (os enlaces dos xogos están no lateral esquerdo do blog).

E xogamos nos recunchos (plastelina, xogo simbólico, biblioteca, construccións...) e antes de irnos para casa a profe contounos un Conto sobre piratas, e como todos nos queríamos converter en piratas, pintounos a cara, pero... non nos deu tempo de sacar fotos porque xa era hora de ir para casa!!!

Que faremos mañá?

6/10/09

AVISO: AUGA

Temos moitas botellas na clase, así que ata dentro de dúas semanas ou así non haberá que traer máis. Xa vos irei avisando eu. Grazas!!

OS LIBROS VIAXEIROS

Este venres comezaranse a poñer en marcha as actividades con libros viaxeiros, son uns libros (en branco) que van ir polas nosas casas, seguindo unha orde determinada, e nos que cumprindo unha serie de normas (que xa estarán explicadas nos libros) seredes vós, as familias, as que traballedes con nós (na fin de semana)para entre todos darlle vida e cor a ditos libros.
Cada fin de semana lle tocará a un de nós levalo a casa, e o luns teremos que traer feita a páxina que nos corresponda.
Haberá varios (cada un cunha temática diferente)... pero soamente levaremos un de cada vez, e as tarefas son moi fáciles, esperemos que vos gusten as actividades!!!

XOGAMOS CON PUZLES

A medida que vaia pasando o curso veredes que na clase haberá moitos máis materiais, é así coma por exemplo nesta semana, no recuncho de puzles apareceron colgados un sobres transparentes que dentro tiñan pezas de distintos puzles (os primeiros días non estaban). Hoxe os máis maiores puidemos xogar con eles, e nos gustaron moito, así que... cando rematábamos un, xa pedíamos poder facer outro.
Xa vos ensinaremos os novos materiais que vaian aparecendo no cole, terémosvos ben informados!!!


5/10/09

O PRIMEIRO CUMPREAÑEIRO

Fun eu José, que xa teño 3 aniños!!!! que maior son!!!!
Son moi listo, e sabendo que ás veces me funcionaba, cando non quero facer algo probo sorte e dígolle á profe: Bea, eu non sei que son pequeniño!!!!! pero... agora xa "non cola" a profe di que xa teño 3 anos, e xa son maior. Que farei agora!!!Mirade a foto do día da miña festa de cumpreanos, pasámolo moi ben!!!

2/10/09

RECORDANDO OS NÚMEROS...

Algúns xa coñecemos algún número, outros estamos comezando a ter contacto con eles, de momento repasaremos os 5 primeiros, aínda que xa sabedes que no cole utilizamos moitos números: 2009 (ano), do 1 ó 31 (días do mes)... e canta máis relación teñamos con eles, máis axiña os coñeceremos todos. Axudádesnos?

E se queredes podedes imprimirnos estas mazás e xogaremos a contar cos nosos dediños. Só tedes que picar na imaxe e farase máis grande, logo dadéslle co botón dereito do rato, gardar como... dadéslle un nome e xa a gardades no voso ordenador para imprimila.
Non fai falla que no-las imprimades a cor, facedeo en branco e negro, e nós xa lles daremos cor. Tamén temos que picarlle os circuliños porque por ahí termos que meter os nosos dediños. Grazas familias!!!!




XOGANDO...

E xogando xogando, vemos que algúns apuntan xa ter xeito coma am@s de casa, cociñeir@s, mecánic@s, niñeir@s, perruqueir@s, costureir@s, inxeñeir@s, constructor@s,informáticos ... non o credes??? pois mirade e veredes!!!

NO PATIO...

Soemos xogar moito, a algúns aínda nos costa ir a xogar con outros nen@s e quedámonos preto das profes para "sentirnos máis seguros" pero logo, rematamos por ir a xogar cos demais (as profes sempre se saen coa súa e nos mandan que xoguemos cos nen@s, e rematamos tods no areeiro, ou debaixo das árbores. Nelas hai casiñas de paxaros e as veces miramos a ver se vemos que chega algún paxariño a elas, pero de momento non vimos ningún.
Ás veces no patio queremos os xoguetes que teñen os maiores, ou... collemos 3 xoguetes e dicimos "profe eu quería un aro" - pero se tes 3 xoguetes!!! (nese momento tiramos os xoguetes ó chan e dicimos, noooooooon!!! (somos moi listos, jajajaja.
Mirade que ben o pasamos!!!

CALENDARIO DE MERENDAS


Xa todos tendes o calendario de merendas, pero por si algunha vez o perdedes, sempre vos quedará aquí para poder consultalo.

AS RUTINAS E A ASEMBLEA

Na educación infantil son de grande importancia para nós os hábitos e rutinas, e tamén o momento da asemblea.
Os hábitos e rutinas nos axudan a facernos unha secuenciación temporal da xornada, o que nos da a tranquilidade de saber que vai vir despois. Moitos son os hábitos que traballamo na aula (hábitos de autonomía ó poñer o mandilón, sacalo, gardalo, coller as nosas cousas da merenda...), hábitos saudables (lavar as mas e os dentes, merendas equilibradas, limpar as mesas...)e ó mesmo tempo traballamos un montón de rutinas, sobre todo as que realiza cada día un de nós, actuando como encargad@ do día. Algunhas das tarefas que temos que facer cando nos toca ser encargad@s son: poñer a nosa foto no vagón do tren correspondente ó día que sexa (luns, martes...), mirar se falta alguén, e quen é(poñendo as súas fotos no lugar correspondente), mirar que tempo vai e marcalo, poñer a data, contar cantos estamos na clase e cantos son nenos e cantas son nenas, regar as plantas, repartir os materiais...
E na asamblea, tamén todos temos unha serie de hábitos rutinarios coma son: sentarnos en semicírculo (nos coxíns)e cantar a canción dos bós días e a dos días da semana, falar en orde levantando a man para poder ter o lenguatín (xa que só poderá falar o que o teña) e os demais deberemos estar moi atent@s ó que di.
En definitiva, estas e outras actividades repetitivas que realizamos cada día nos dan a tranquilidade de poder anticiparnos ó que vai vir depois, e tamén nos permiten pouco a pouco ir avanzando na complexidade das tarefas, metendo actividades que cada vez nos esixen máis, pero que case non nos damos conta dese avance pois se fai moi paulatinamente.

AS NOSAS NORMAS

¡Tus propias imágenes en una Slideshow para MySpace, Facebook, orkut o tu página web!mostrar todos los imagenes de esta slideshow

O HORARIO

É moi importante que respetedes o horario do centro, pois aínda que os CRAS vos poden parecer escoliñas distintas ó resto (e en certo modo sí o son pola súa peculiaridade) en realidade é un colexio, e todas xuntas actúan como tal, polo que si o horario é de 9:00 a 14:00 temos que respetalo, pois é para todos.
Se chegamos tarde (un día non pasa nada) pero se o facemos habitualmente o que se consegue e que nós (os nen@s) teñamos máis dificultades para interiorizar e respetar as normas e hábitos e rutinas que temos no cole, pois... se xa nos costa aprender a colocarnos en orde, e en semicírculo... imaxinádevos o que pasa cando a profe sae a abrir a porta ou anda pendente de que alguén que acaba de chegar e aínda está poñendo o mandilón!!!! os nen@s somos nen@s!!! e cando vemos a oportunidade nos decontrolamos, desfacemos o semicírculo, nos poñemos a xogar, a berrar, a correr... e logo... toca volver a empezar, co que nos costara!!!!

Así que... por favor levádenos ó cole sempre a tempo para poder entrar con tod@s os nosos compañeir@s, Grazas!!!

Aquí vos deixamos o horario das especialidades,para que saibades que día temos cada cousa:

LUNS
12:30 a 14:00 MÚSICA
XOVES
9:00 a 10:30 EDUCACIÓN FÍSICA
10:30 a 12:00 INGLÉS
VENRES
10:00 A 11:00 RELIXIÓN

Non vos esquezades de que os xoves temos que vir ó cole en chándal e zapatillas de deporte para educación física, e se non trouxemos aínda o farrapo, temos que traelo canto antes, para poder facer as actividades con el, coma os nosos compañeir@s.

O PERÍODO DE ADAPTACIÓN

Na nosa clase,e dado que 12 dos nen@s temos só 3 aniños (algúns oficialmente aínda 2), tivemos un período de adaptación pois: é algo novo para nós isto de vir ó cole, de ter varios profes (inglés, educación física...), de ter que cumprir uns horarios e unhas normas... e sobre todo, de ter que compartir a atención que nos dan os adult@s con outros 19 nenos, cando en moitas ocasións temos unha adicación exclusiva, ou como moito compartida cun irmán, ou dous... pero con 19!!!!!! vaia lío!!!!!!
Parece algo fácil, pero ós máis pequen@s cóstanos moito iso de compartir, e queremos todo para nós, tanto os xoguetes coma a adicación que nos dades os adult@s, pero non vos preocupedes, imos aprender moito, e aínda que nos coste, aceptaremos a idea de que as cousas do cole son de tod@s e hai que compartilas, e tamén nos iremos dando conta de que os profes nos teñen que atender a todos, pero... somos moitos!!!
Os de 4 anos somos 7, e tamén nos tivemos que adaptar, á nova aula (é a mesma, pero está distribuida diferente, ten cousas novas...), ós profes, ós novos compañeir@s... e como non, ás normas, que despois dunhas longas vacacións parece que se nos esqueceron un chisquiño, pero... tampouco vos preocupedes, estamos traballando no cole, e xa fixemos o noso panel de normas, e cando a alguén se lle esquece, xa llas recordamos.

ESTA É A NOSA CLASE

A nosa clase está dividida en recunchos, aínda que como somos tantos, e aínda nos estamos a familiarizar coas normas, cos materais e cos xornada en sí... de momento non estamos traballando por recunchos "propiamente ditos" senón que traballamos moito en grupo-clase, e en pequenos grupos, e a medida que imos rematando unhas tarefas, pois imos a xogar libremente, ou con materiais diversos (plastelina, puzles...).
Nestos días comezaremos xa a traballar por recunchos, de xeito que cada un (en pequenos grupos) irá a un recuncho determinando, e iremos rotando.
Para que vos fagades unha idea de como está agora a nosa clase...

ESTOS SOMOS NÓS

No cole estamos divididos por equipos, cinco en total, pois hai 3 mesas para os de 3 anos, y dúas para os de 4. Os equipos servénnos para localizar as nosas mesas, cadeiras (sobre todo neste primeiro mes no que aínda estabamos un pouco despistados observando todo o que había na aula) e tamén nos serven para facer tarefas ordenadamente, por exemplo: os do equipo do golfiño que vaian a lavar as mans e coller a merenda, os do equipo da tartaruga que veñan a facer esta ficha, etc.
Para que vos quede claro en que equipo está cada nen@, aquí vos deixo o listado de cada un:

 
poemas de amor