BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

24/10/09

24 DE OUTUBRO, DÍA MUNDIAL DAS BIBLIOTECAS

Non vos esquezades hoxe festéxase o DÍA MUNDIAL DAS BIBLIOTECAS, e temos unha actividade de contacontos na Biblioteca Municipal do Rosal.
Levádenos a velo!!!!
Outra cousiña, como puidéchedes ver no papel que levamos na mochila, o Concello promove unha actividade de contacontos para cada último mércores de mes. A idea é que participedes como "contador@s de contos" as familias.
A nosa profe xa dixo que colaboraría tamén, pero precisamos que haxa moit@s pais/nais voluntari@s para ir a contar un conto algunha vez.
Se queredes a profe pode axudarvos a escoller o conto, a preparar algún material complementario, ou o que queirades. Tamén podedes xuntarvos dúas ou tres persoas, por se non queredes facer a actividade sós.
Todas as persoas voluntarias deberán falar coa profe, para informarla, e logo ela falará co persoal do Concello.
Podedes apuntarvos nunha lista, facendo aquí un comentario.
Imprimidesnos estes debuxos para colorear??


E xa que nos gustan moitísimo os contos, a profe deixános aquí este enlace para que visitemos unha páxina de contos interactivos.
Preme AQUÍ.

23/10/09

AS CORES DO OUTONO

O cole estase enchendo das cores do outono (amarelos, laranxas, marróns...), pois temos un montón de cousas propias desta época, e na próxima semana coa celebración do Samaín, aínda se vai a poñer todo máis alaranxado, que bonito vai estar!
Pero xa nos estamos poñendo mans á obra coa decoración, e ademais contamos coa colaboración das familias que nos mandan moitas cousas, e todas preciosas, mirade!!

Con todas estas cousas que temos do outono no cole, ademáis de facer un decorado típico, traballaremos un montón de cousas:
vocabulario, as cores, texturas, sabores, lectoescritura, conteo, clasificacións, seriacións... e tamén nos servirán para facer o noso LIBRO DO OUTONO, ímolo facer entre tod@s, e vainos quedar chulísimo!
Por certo, estade atentos nestes días para ver a exposición das nosas CABAZAS DECORADAS!!!

VEMOS, TOCAMOS, ULIMOS...

Hoxe na asemblea, xa que temos un montón de cousas para investigar o corpo, estivemos falando do tema e poñendo en común as cousas que sabemos.
Que partes temos no corpo?
Para que nos serve?
Como o temos que coidar?
Cales son os nosos sentidos?
Para que serve cada un?
...
Así lembramos algunhas das cousas que estivemos traballando nestos días, e aprendimos outras cousiñas, par o cal... probamos cousas co noso corpo.
ULIMOS... coa CAIXA DOS OLORES, e aínda que a profe nos dixo de que era cada botelliña de esencia, practicamente todos pensamos que a botelliña de canela ule a coca-cola!
Tamén TOCAMOS... co XOGO DAS TEXTURAS, e descubrimos que hai cousas suaves, ásperas, lisas, rugosas...
E tamén vimos algunhas cousas para que nos serve o noso corpo: movernos, saltar, nadar, expresarnos...e tamén para relaxarnos, e así fixemos, xogando ás alfombras máxicas. Nós quedábamos tumbados boca arriba no chan, mentres soaba unha música, e estabamos tranquiliños, logo, as profes (Montse e Bea) ós que estabamos máis relaxad@s, nos levaban de viaxe nas alfombras máxicas (arrastrándonos a modiño polos pés). Ó final nos relaxamos tanto que tod@s conseguimos facer esa viaxe. Gustounos moito!!!
Pero antes de relaxarnos, estivemos xogando un pouco con música: bailabamos mentres soaba e cando a profe apagaba nos dicía como tiñamos que poñer o noso corpo (como xigantes, como ananiños, como canguros...).
Os maiores, despois, comezamos a facer as nosas páxinas para crear un libro-quebracabezas dos nosos nomes e corpos, cando o teñamos rematado xa vo-lo ensinamos, pero... aínda falta que fagamos os pequenos as nosas páxinas, eh!

21/10/09

CACAHUETES?????

Sí!!!!
Hoxe, coma onte, moitos trouxemos un montón de cousas para decorar ó cole do outono, e tamén moitos trouxemos materiais para poder investigar O CORPO, senón mirade cantas cousas temos xa no recuncho dos proxectos.
Algúns trouxemos as fotos de cando éramos pequeniñ@s e de agora, para ver como medramos, e tamén houbo quen trouxo RADIOGRAFÍAS, así que... hoxe tocounos falar un pouquiño sobre iso.
Que é unha radiografía? quen no-la fai? un médic@? que é o sae na imaxe? e claro, había que probar que fose certo todo iso de que debaixo da pel temos ósos, e que son duros, así que... aproveitando que as radiografías que tiñamos eran de xeonllos, miramos os nosos, e comprobamos a súa dureza!
Pero... vos acordades que ó principio dixemos cacahuetes, pois sí, hoxe o avó de Adán nos mandou un tesouro que atopou no campo (non sei se quedamos máis abraiados nós ou a profe!) era unha pranta de cacahuetes, e estos froitos nacen nas raíces (como as patacas).
Mirámolos, ulímolos, e probámolos (pero estaban moi verdes, e non nos gustaron nada, claro, hai que deixalos secar)
Ah, se nos esquecía, dixo a profe que grazas a tod@s por colaborar traendo os materiais que pedíu e que calquera cousa que vos parece que nos pode ser de intererese, que a mandedes ó cole. Ademais a nós nos gusta moito ensinarlle os compañeir@s as cousas que traemos da casa!

Hoxe, como vos adiantaramos onte, comezamos a rexistrar o noso paso polos distintos recantos da clase, de momento só fixemos a experiencia con 3: construccións, quebracabezas e xogo simbólico. Pero logo iremos incorporando o rexistro nos 5 recunchos que hai, e mais no do ordenador (que ese o vai a controlar a profe). Mirade como rexistramos.
Cada día, pegamos un gomet dunha cor distinta, ó lado do noso nome, no panel de rexistro. E se hoxe fomos ós quebracabezas, mañá non poderemos pois xa teremos a pegatina do día anterior. Ó longo da semana temos que pegar 5 gomets de distintas cores, e cada un nun panel distinto, o que quererá dicir que cada día xogamos nun, e así non somos sempre os mesmos os que estamos na cociña, nin na biblioteca...
Hoxe como o día non estivo moi bó (e senón mirade o que se veía pola nosa fiestra)...
Tivemos que quedar dentro da clase na hora de patio, e alí puidemos xogar libremente con tódolos materiais, eso sí, cumprindo as normas! e descubrimos que tamén é moi divertido escribir no encerado con xices!!
Tamén atopamos un material que andaba algo agochado na clase, e que é moi divertido: a carpinteiría.
Xa sabedes se queredes que vos fagan algún moble para a vosa casa, non o dubidedes, Kevin e Adán S.A, están plenamente preparados: calidade e rapidez, e ata fan orzamentos sen compromiso!
E despois do recreo, aproveitamos para ver todo o material que trouxemos do outono, clasificámolo (millo, follas, piñas, castañas...) e comezamos a utilizar as follas para facer un mural na entrada do cole. Non nos deu tempo a rematalo, así que só podedes ver un adianto, xa vos iremos ensinando como queda, vale?

20/10/09

O NOSO MARTES FOI...

Moi completo!!!
Fíxemos de todo:
Na asamblea Raquel e Carlota nos ensinaron as súas fotos de cando eran máis pequeniñas, e todos estábamos atentísimos ás súas explicacións (nos contaban que estaban facendo en cada unha delas e con quen).
E moitos trouxemos cousas para comezar a decorar o cole: millo, follas, ourizos con castañas, noces e ata figos (que dicíamos que eran peras) e Kevins (bueno eran kiwis, pero como comezaba por K nos confundimos, jeje). E tamén ulimos o fiuncho (claro para iso temos o olfato, para poder distinguir os olores das cousas!).
Tamén tivemos novidades nas tarefas dos encargados, hoxe tocoulle ser a Lea, e foi a que estrenou as novas tarefas. A profe incorporou ós paneis unha idea que viu na clase de Ramón en Fornelos, consistente en facer unha especie de "mini pizarra branca" (con folio e forro). Así, somos os nen@s quenes escribimos co "rotu máxico" (só especial para pizarras brancas) os números correspondentes a cantos nenos hai na clase, cantos faltaron... (o que antes facíamos só poñendo o número plastificado de velcro). E ademáis no panel dos nomes dos encargados, teremos tamén un espazo máxico para poñer o noso nome, e unha pizarra para facer un debuxo que adornará a zona da asemblea durante o día que sexamos encargados.
Hoxe nos equipos fixemos, de todo un pouco:
Os maiores xogamos a escribir o noso nome con pinzas (co problema de que hai moitos nomes que teñen varias A, e non chegaban para tod@s, así que...a profe terá que facer máis).
E tamén fixemos os nosos manteis individuais para a merenda (que a profe plastificará para que nos duren moitísimo). Para facelos escribimos con letras de esponxa e pintura para escribir os nomes, e logo nos debuxamos con rotu.

Os pequenos tivemos que facer unha cara, coa poesía que nos ensinaron o outro día os maiores, e lle tivemos que poñer ollos, nariz, boca, pelo... mirade como quedaron!
Tamén traballamos coa figura do círculo, e as consignas dentro-fóra, pegando os anaquiños de papel que ontes fixeramos. E logo, a colocalas no seu sitio!xa todos sabemos cal é a nosa bandexa!
E non dubidedes que en canto puidemos, fomos a xogar ó recunchos, e os bebés estiveron moi, pero que moi solicitados, o que máis queremos e ir xogar á casiña, ó super, cos coches...
Pero nos parece que mañá iso vai a cambiar porque a profe nos dixo que imos a facer un Rexistro de Control, e cada día poderemos ir só a un. Que lío!!! Como será iso? Bueno, mañá o saberemos! Pero veredes que así imos a pasar por todos (casiña, disfraces, construccións, biblioteca, quebracabezas, artistas) durante a semán, e ó do ordenador iremos tamén pero cun rexistro que levará a profe (para que vaiamos sempre todos, e xoguemos ós mesmos xogos, ata cambiar).

19/10/09

QUE PASOU HOXE?

Pois ó ser luns, un montón de cousas:
Na asemblea todos tiñamos algo que contar, e ademais hoxe era o día de traer OS LIBROS VIAXEIROS, e cadaquén nos ensinaba a súas obras máis emocionad@!!!
A María tocoulle traer de volta ó BEBÉ, e con el, a súa historia do bebé na súa casa esta fin de semana (con comentarios e fotos, moi chuli). Díxonos que o bebé se portou moi ben, pero que non quería tomar o bibe!!!
Adán ensinounos o trailer que debuxou e máis o coche que fixo seu pai.
E Amanda nos ensinou o conto que escribiu coa súa nai, e que a profe nos leu, era o de Rosiña e o Ratiño Pérez.
Hoxe os maiores estivemos traballando co libro dos números, fixemos unha ficha, e repasamos con rotulador dúas das fichas anteriores (que eran de grafomotricidade dos números).
Os pequenos, coma sempre, traballamos en equipos, e mentres uns facían unha cousa outros faciamos outra. O que fixemos dous dos equipos hoxe foi comezar o libro que a profe nos fixo para traballar as cores, a través de distintas técnicas plásticas.
Hoxe traballamos coa cor amarela (pero iso non quere dicir que non traballemos con outras cores, eh!!!). Pintamos uns poliños de cor amarelo, e despois... puxémoslle algo que os poliños teñen no seu corpo, e que é moi suave!!! soubémolo polo seu tacto!!!
Adiviñades que foi o que lle pegamos ós poliños??? mirade!!!

Noutro equipo estivemos facendo psicomotricidade fina rasgando folletos informativos, con eles fixemos anaquiños moi pequeniños que fomos xuntando nunha caixa, e que utilizaremos noutras ocasións para facer collage ou algunha outra cousa que se nos ocorra no recuncho de plástica.
E noutro traballamos con círculos, estamos aprendendo a coller ben as pinturas (coma se fosen lápis) e a pintar por dentro. Fixemos círculos de moitas cores e logo, pegámoslle gomets enriba só ós círculos grandes. Cada un despois colocou a ficha na súa bandexa correspondente para arquivalas.
Pero... a mañán deu moito de sí, e ás veces (aínda que tentamos cumplir sempre as normas) nos enfadamos, e algún acaba chorando, pero... nada que non se poda solucionar falando civilizadamente: pedimos perdón, damos un abrazo, prometemos non volver a facelo... e ata nos damos a man (coma se fósemos políticos, jajaja).
Tamén tivemos tempo para facer xogo libre nos recantos da casiña, disfraces...



















Tamén tivemos MÚSICA, e traballamos un montón coa profe Olalla, é moi divertido (xogamos, bailamos, cantamos...).

16/10/09

COUSAS DE OUTONO


Xa hai uns días que cambiamos de estación, pero... estivemos tan ocupad@s coa nosa adaptación, o tema da escola, e agora co corpo, que non nos deu tempo a meternos de cheo co traballo desta estación tan peculiar: o outono.
Pero, agora que xa só quedan dúas semanas para o Samaín, temos que poñernos mans á obra, e comezar a decorar a entrada do cole, e ir pensando tamén na celebración da festa do Samaín, para o cal faremos un CONCURSO-EXPOSICIÓN DE CABAZAS DECORADAS e, como non, unha festa (con disfraces, postres, un obradoiro de cociña...) Bueno, non vos adiantamos máis cousas, xa vo-las iremos informando pouco a pouco, de momento vos dicimos que:
Precisamos traer ó cole cousas do outono (follas secas, ramiñas de castiñeiro, piñas, millo...) para poder decorar o lugar onde despois poñeremos as cabazas decoradas do concurso.
FAMILIAS ide pensando como decoraremos a nosa cabaza, aínda que non a podemos levar ó cole ata o luns 26 de outubro (porque se as temos moito tempo estropeánse e cheiran un montón!!!)

EN FORMA CON ELMO

Agora que xa é fin de semana, déixovos este enlace a un xogo ó que poderedes desfrutar en familia, dende os máis pequen@s ós máis maiores, non hai límite de idade!!!
só tedes que picar sobre a imaxe e iredes directamente á aplicación.
Nela, teredes que bailar tal como fai Elmo, para iso, unha persoa se encarga de ir picando nas distintas partes do corpo (e así cambian as consignas do baile). Tamén lle hai que picar, de vez en cando, no aparato de música para que a música pare (e vos quededes como estatuas)... xa veredes que divertido!!!
Na parte de abaixo da páxina á que se enlaza o xogo, tedes a posibilidade de descargar o xogo e gardalo no voso ordenador, así estaría preparado para facer bailar a calquera visita que vaia á vosa casa, e pasar un rato moi divertido.

AS VIAXES DA FIN DE SEMANA

Como xa vos dixeramos, os libros viaxeiros comezan o seu bule bule polas nosas casas, e hoxe tocoulles a Amanda e a Adán, levalos.
Pero tamén comezou a viaxe do bebé, sí o bebé levouno María (de 3 anos) para a súa casa, e o vai a coidar moitísimo, e nós imos velo o luns cando o traiga ó cole, e máis a súa historia da fin de semana (con fotos...)
Por outra banda hoxe traballamos valores coa profe María (de Reli, como dimos nós) que nos conta uns contos chulísimos, e tamén trouxo unha marioneta que nos encanta dun coello (todos queremos bicalo, tocalo...). Con estos contos aprendemos moitas cousas: a pedir as cousas por favor, a dar as grazas, a saúdar...)

Tamén nos recunchos traballamos distintas cousas: uns fixemos collares de ensartar, outros modelamos con plastelina, outros aprendemos a picar co punzón, outros colorearmos un lápis nunha ficha e logo as profes (Montse e Bea) botáronlle purpurina para que brillaran (quedáronnos chulísimos porque agora xa sabemos agarrar mellor as pinturas, e miramos para o papel cando o facemos, non coma antes que pintabamos mirando ó infinito, jajaja).
Mirade que collar tan longo, agora vouno atar. (E tanto que o ataron que agora ten un nó por cada lado e non se pode desfacer!!)
Os pequenos tamén podemos pegar?? claro que sí, temos que aprender dende moi pequeniños moitas cousas, canto antes o fagamos, máis autónomos seremos!!

Para onde miro profe, para o papel ou para o infinito? Eso explicáronolo hoxe, e creo que temos que mirar para o papel (jaja)
E ti que queres unha barra de pan ou unhas chuletas? Mira o carniceiro que me de uns bistecs, e a panadeira que me faga un par de barras.
Uff, que dificil!!! por que non atallaría esta formiga polo medio e así chegaba antes!!!

Os maiores traballamos cunhas adiviñas do corpo, e vos imos a poñer a proba, a ver se as sabedes:
UNHA SEÑORITA
MOI SEÑOREADA
SEMPRE VAI EN COCHE
E SEMPRE ESTÁ MOLLADA.

UN LARGUIÑO
DOUS MÁIS BAIXIÑOS
UN PEQUENO E BRAZO
E OUTRO GORDAZO.
QUE SON?

NA MIÑA CARA TEÑO DOUS
E SE OS PECHO NON VEXO.
QUE SON?

SERVEN PARA AGARRAR
SERVEN PARA RASCAR
E TAMÉN SERVEN PARA ACARICIAR.
QUE SON?

Con elas traballamos nunha ficha, escribimos o nome das respostas das adiviñas, debuxámolas... e como non, ó rematar, cada un a arquivou no seu ficheiro (así temos todos os traballos ordenados, e cando remate o trimestre será moito máis fácil colocalos para levar as carpetiñas á casa).
Hai que ter moito coidado cos dedos, porque se o pillamos co ficheirooooo... uf, mellor non imos pensar niso, que dor!

Por certo, coa profe Montse (aínda que as veces está de apoio na clase coa profe Bea (e tamén na aula de 4-5 anos), cando está soa con nós facemos OBRADOIROS DE ESTIMUACIÓN DA LINGUAXE, sí, sí, líchedes ben! o que facemos é xogar coa lingua (sí coa nosa lingua) e así aprendemos tod@s a falar moi ben: para iso traballamos con contos, con xogos... xa vos ensinaremos fotos algunha vez. Tamén algún día seguro que nos leva á clase dos maiores a ver unha peli con eles no EDI (encerado dixital interactivo).

SEN COMENTARIOS...

Non me dera conta de que non estaba habilitada a opción dos comentarios, pero xa está arranxado o problema.
A tod@s @s que temos blogs, aínda que vexamos que se nos lé, porque vemos o contador de visitas, nos encanta ler cousiñas: ver o que vos parece o blog, recoller as ideas que nos podades dar para algún proxecto de aula, contestar a dúbidas e preguntas que teñades... así que... de agora en diante, estarei atenta ós vosos comentarios, grazas por participar!!!
Non tentedes escribir os comentarios varias veces seguidas ó ver que non sae publicado no momento, xa que teño que moderar eu e revisar eu as publicacións. Unha vez que o escribades, dende o meu correo, cando o lea, xa os publico.
 
poemas de amor