BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

3/11/09

HOXE...

Fixemos un montón de cousas. Como estivemos de ponte, o certo é que hoxe a moit@s se nos pegaron as sabas, e chegamos un chisquiño tarde, e ademais viñamos con cara de cansos, pero pronto recuperamos folgos e nos puxemos mans á obra.
Na asamblea hoxe, Sara, que foi a encargada ensinounos as letras do seu nome.
Xa estabamos acostumados a que cada día o encargado busque a súa páxina do libro dos nomes e o colgue para que todos o vexamos, pero... hoxe ademais a profe incluinos unha nova tarefa, e foi que dentro da páxina do libro dos nomes, temos que rodear o noso (cando sexamos encargad@s) para diferencialo dos outros nomes que están na nosa páxina (por comezar coa mesma letra) e contamos cantas letras ten e o escribimos (co rotu máxico) e lle ensinaremos ós compañeir@s cales son as letras do noso nome.

Outra novidade na clase foi que os trasnos e a profe fixeron uns cambios na clase, puxeron unha cortina máxica (de coloríns) na porta da entrada, e colocaron moi, moi chuli o recuncho da biblioteca, agora, dixéronlle os trasnos á profe que temos que aprender a colocar moi, moi ben os contos (xa que antes éramos un pouco desordead@s). Agora, temos os libros colocados por cores (verde, laranxa, azul e amarelo) e teremos que colocalos seguindo ese código de cores. Pronto a profe vai escanear tódalas portadas dos contos para facer un libro de rexistro da biblioteca e comezaremos a levalos en préstamos as fins de semana. Xa vos avisaremos!
Na asemblea, hoxe a profe trouxo unhas caixas que teñen unhas letras (A, E, I , O, U) coas que xogaremos a "aprender a ler". Somos moitos os que "lemos contos" cando en realidade lemos as imaxes, pero para esta actividade está moi ben que teñamos práctica en ler imaxes. Tratarase de que cada día, a profe vai a presentar unhas imaxes (debuxos en branco e negro) con textos (nomes da palabras debuxadas). Veremos por que letras comezan, por cales rematan, como se len as palabras (as diremos en castelán e en galego, e se cadra, ata en inglés) , algúns de nós traballaremos con elas (pintándoas, subliñando a primeira letra... copiando esa palabra nun mural da vocal correspondente...) e despois meteremos esas imaxes nas caixas correspondentes. Pasados uns días, teremos xa un montón de imaxes e palabras clasificadas nas caixas, coas que previamente xogamos e aprendemos un montón de cousas, pero ademais nos servirán para xogar a sacalas das caixas e volver a colocalas correctamente.
Hoxe traballamos con vocabulario propio do outono: esquío, landras, cabaza, cogomelos, ourizos, paraugas... Bea nos ensinaba unhas tarxetas e nós "líamos" que poñería naquelas tarxetas, mirando o debuxo. Moitos o dicíamos en castelán, polo que ademais aprendemos a dicilo en galego, pois así o poñía nas tarxetas, e logo xogamos ó memori, tendo que atopar parellas de tarxetas.
Os maiores aproveitamos logo para escribir esas palabras con pinzas (así traballamos a atención, identificación e correspondencia de letras, a psicomotricidade fina... e un montón de cousas máis).
E tamén fixemos unha páxina do libro das cores, esta vez, correspondente á cor laranxa.
Na aula estreamos tamén un novo recunho ó que iremos tódalas semanas, o dos artistas (xa o tiñamos na clase, pero non funcionaba como recuncho propiamente dito) agora xa podemos escoller poñer alí a pegatina e traballar "CREANDO ARTE". Mirade algunhas das cousas que fixemos (pintamos, pegamos...). Estade atentos porque imos facer verdadeiras xoias!!!

E por último, no patio tivemos que recoller un montón de follas, xa tiñamos algunhas na clase, sí, pero utilizámolas para decorar a entrada do cole, e agora necesitábamos máis para traballar con elas nesta semana, así que, fixemos unha brigada recolectora de follas, e mañá xa poderemos comezar a traballar con elas.

1/11/09

TESOUROS DA REDE...

Hoxe, buscando e buscando pola rede, atopei unhas páxinas das que se poden sacar moitísimos recursos.
Na primeira veredes moitos debuxos para imprimir, moitos (incluidas letras e números) para facer normais e punteados (para grafomotricidade). Botádelle unha ollada!
Picade na imaxe e iredes directamente a ela.

Nela tamén poderedes atopar algúns debuxos para colorear en liña, algúns deles propios desta semana de Samaín... probade! Picade na palabra do debuxos que queirades colorear.
Escollede a cor e arrastradéa ata a parte do debuxo que queirades.
MEIGA

PANTASMA

Tamén acabo de atopar outras novas páxinas que estou arquivando nos enlaces laterais do blog.
Para pintar en liña, tendes, por exemplo, esta cabaza que seguro querededes pintar. Picade na imaxe.
Outra páxina con moitísimos debuxos para imprimir é esta, picade na imaxe.


Outra máis:
Como vedes, moitos dos recursos están en páxinas en inglés, pero moi intuitivamente poderemos chegar ós recursos que queremos, e senón, para traducir a páxina, copiade a dirección da páxina e pegádea no buscador Google, e xa poderedes escoller a opción de traducir (aínda que non é unha traducción totalmente perfecta, axuda bastante, cando temos dúbidas).

30/10/09

AQUÍ ESTÁ O PROMETIDO, UN RESUMO DA NOSA SEMANA DE SAMAÍN

Hoxe fomos todos guapísimos ó cole, disfrazad@s de: meigas, vampiros e vampiresas,
pantasmas, arañas... e por fin, tivemos a tan esperada festa de Samaín.
Nela, bailamos, xogamos, e comimos ARAÑAS PELUDAS e VASOIRAS DE MEIGAS, sí, sí, sí! líchedes ben!
A receita é ben sinxela, tomade nota dos ingredintes:
VASOIRAS DE MEIGA: pauciños de pan, e queixo.
ARAÑAS PELUDAS:
gaietas redondas, boliñas de chocolate (tamén valerían lacasitos ou algo así), e sirope de chocolate.
Mirade como nos quedaron.
E como non, durante a semana traballamos no noso libro do Samaín, cada un (maiores e pequenos) fixemos unhas fichas (que a profe nos poñerá a modo de libro).

E tamén entre todos, fixemos un libro que quedará na nosa biblioteca de aula, con distintas técnicas plásticas (aínda o remataremos o luns) pero vos ensinamos o que temos, para que vos fagades unha idea, vale?

Tamén fixemos tod@s unhas arañas con pintura de dedos e ceras brancas sobre cartolinas negras, fixádevos no distintas que son!

E mirade as nosas cabazas:



Aprendede con nós a canción da BRUJITA TAPITA, estade atent@s ó vídeo.


Unha cousiña máis, LEMBRADE QUE O LUNS NON TEMOS CLASE!!! Pero, na casa podemos facer este móbil decorativo, e así nos mantemos entretid@s alomenos un ratiño.

Imprimideo e nós o pintaremos, logo axudádenos a recortar as pezas, e por último cunha lá colgaremos os morcegos e as pantasmas do castelo, quedaranos moi chuli, e poderá quedar moi ben decorando o noso cuarto, non credes?
E tamán podemos facernos estas caretas de meigas e meigos, e así as poñemos para que non nos coñeza ninguén.
Ou tamén podemos facer este colgante de meiga:
Ou estes quebracabezas:

29/10/09

ESTIVEMOS DE CUMPREANOS...

A NOSA PARTICIPACIÓN NO BENCLALU

Estamos comezando a traballar no proxecto Benclalu, é un grupo de traballo no que está a profe dende hai dous anos, con varias profes de Andalucía, e outra compañeira galega.
Este ano, ó igual que o curso anterior, o tema deste grupo de traballo xira a redor das poesías, adiviñas, retahílas, refráns... polo que as traballaremos ó longo de todo o ano.
O traballo plásmase nun blogue común, do que as profes do grupo son as administradoras, e nel iranse poñendo refráns, adiviñas, contos, poesías... de distintos xeitos. Por exemplo, agora a profe escribiu dúas adiviñas que estamos traballando no cole, pero non puxo a resposta, para que os nenos/as dos outros coles, as lean, as aprendan... e logo, poñan a que crean que é a súa resposta.
Outras veces, gravaremos poesías co micrófono e os nosos compañeir@s do Benclalu nos poderán escoitar... outras veces poñeremos principios de contos que inventemos nós na clase, e eles lles terán que poñer o seu final... Pero tamén nós, teremos que ver ese blog con vós (as familias) para escribir as respostas ás adiviñas que poñan eles, fin ós seus contos, etc.

Agora podedes ir a ve-lo blog picando onde pon BLOGUE COMÚN, e tamén vos queda o enlace dos dous blogs BENCLALU na barra lateral esquerda.
Paricipade! Por certo, nese blog escribimos en castelán.

27/10/09

NOVIDADES NA ASEMBLEA

Hoxe a profe fixo algo que os trasnos xa lle advertiran, poñer uns símbolos para que cada un teña sempre o seu sitio gardado na asemblea. Estes símbolos son formas xeométricas (círculos e triángulos), dunha cor determinada (amarelo, vermello, laranxa, verde ou azul) e cun número (do 1 ó 5) segundo cada grupo. Cando chegamos á clase, había esos símbolos pegados no chan en forma de semicírculo, e non podíamos sentar porque non sabiamos cal nos correspondía. Así que, no panel dos encargad@s, ó lado do noso nome, a profe ía poñendo esos símbolos, e a medida que os poñía nós íamos sentándonos no que nos correspondía (así evitamos problemas de querer sentarnos ó lado de determinad@s nen@s).
Agora cada día, ó chegar, despois de poñer o mandilón, xa cada un sabe onde se ten que sentar! e de paso, aprendemos formas xeométricas, cores e números!!!!
Mirade que símbolo temos cada un de nós.
Outra novidade é que temos un libro dos nomes, de xeito que cada páxina ten os nomes que comezan por unha determinada letra, e un debuxo identificativo que comeza por esa letra. Por exemplo (A avión, S sapo; M mesa...)
Cando nos toque ser encargad@s teremos que buscar a páxina onde está o noso nome e colgalo ó lado do panel dos encargados, de xeito que cada día todos vexan que nomes comezan por esa letra. Hoxe, como o encargado era Álvaro, sabemos que tamén comezan por A: Alba, Alejandro, Ainara, Amanda e Antía.

Así, a través dos nosos nomes e os dos nosos compañeir@s iremos coñecendo todas as letras, e axiña comezaremos na utilizalas para escribir moitíssssssimas cousas!!!!
Deixámosvos aquí os debuxos que utilizamos do abecedario animado no noso libro (está en castelán):

26/10/09

O SAMAÍN VAI CHEGANDO E NÓS ESTAMOS DECORANDO

Hoxe, algúns xa troxeumos as cabazas, outros farémolo ó longo desta semana, pero na mañá de hoxe estivemos a decorar toda a entrada do cole para que cando cheguen as cabazas esté todo outonal.
Os maiores clasificamos as cousas e colocámolas nunhas cestas que trouxo a profe, despois pensamos que letras precisaríamos para escribir o nome de cada cousa, e puxémoslle carteliños.
Antes de saír, a encargada que era Amanda, explicounos a todos o que era cada cousa.
Tamén podedes ver nas fotos que decoramos unha árbore con pantasmas, sombreiros de meigas e cabazas que pintamos entre todos (maiores e pequenos).
Tamén faremos un libro do Samaín, que logo quedará na nosa biblioteca de aula, e para iso estamos utilizando distintas técnicas plásticas (mirade as fotos!).

Que vos pareceu o noso día?
 
poemas de amor