BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

20/11/09

UN NOVO SITIO PARA COLOREAR EN REDE

Hai un pouquiño chegou ó noso correo electrónico unha mensaxe do creador dunha páxina de colorear en liña. Nela poderedes imprimir máis de 2000 debuxos, e colorealos en liña.
Só tedes que picar na imaxe, e iredes á dita páxina. E como sempre, esta quedará arquivada nos enlaces.
Botádelle unha ollada a ver que vos parece!
Grazas ó administrador por avisarnos!

QUE POUQUIÑOS FOMOS HOXE...

Moitos dos nosos compis de clase están enfermiñ@s, hoxe faltaron 7!!!! Dende aquí lles mandamos saúdos e desexámoslles que se melloren prontiño.
Nós hoxe estivemos traballando cunha poesía do outono, que aínda non practicamos o suficiente como para poñela aquí (jaja).
Tamén estivemos facendo unha páxina do noso "Libro das Cores", xa sabedes ese libro, no que traballamos cunha cor determinada, pero... utilizando distintas técnicas plásticas. Hoxe nos tocou a cor verde, e pintamos unhas folliñas (1 grande e 2 pequenas), e despois botámoslles virutas de ceras de cores, quedaron chulísimas!!!
E no recuncho dos artistas, seguimos facendo as nosas obras de arte, experimentando cos novos rolos. Mirade que ben o facemos!!!

E outros aproveitamos nos recunchos para xogar a disfrazarnos...

18/11/09

A NOSA FESTA DO MAGOSTO EN FORNELOS

Hoxe fomos a Fornelos a festexar o magosto, e pasámolo moi, moi ben!
Para gardar as castañas, fixemos uns bolsiños...
Xogamos por estacións cos nosos compis, os nen@s de Pías, da aula de 3 anos.
Xogamos cun paracaídas, coa corda, con zancos e xogsos populares, fixemos carreiras de sacos e de culleres, xogamos ás cadeiras cooperativas...
Bueno, non vos explicamos mais, mirade as fotos, e o veredes!!!

Por certo tamén desfrutamos un montón na nosa casiña dos tres porquiños, e aínda que non a derribou o lobo... a pobre quedou derruida, pero... o pasamos moi ben con ela, verdade?



(HAI PROBLEMAS PARA SUBIR AS FOTOS, AÍNDA NON ESTÁN TODAS SUBIDAS, EH!!!)

17/11/09

A CASIÑA DOS 3 PORQUIÑOS

Así foi como quedou a casiña dos tres porquiños que fixemos, e que utilizaremos mañá na festa do Magosto en Fornelos.
Teremos puntería para meter as castañas pola porta ou pola fiestra da casiña?
Por si acaso... fixemos tamén outro comecastañas pequeno, máis manexable.
A ver que tal se nos da iso da puntería, porque con estes días de chuvia non puidemos practicar.

EXPERIMENTANDO COA ARTE

Nos encanta pintar, debuxar... e todo o que teña que ver coa nosa liberdade artísitca, experimentando con diferentes materiais, soportes, técnicas, etc.
Agora, no recuncho dos artistas, de dous en dous estamos indo a pintar experimentando coa técnica de pintar con acuarela e pincel, e posteriormente completar as obras con témperas, utilizando rolos de distintas formas. Mirade o resultado das dúas primeiras obras, a de Yago e a de Amanda.
Que vos parecen?

Na casa tamén podedes crear os vosos propios "rolos pintores" utilizando esponxas recortadas de distintas formas e pegadas a un soporte tipo pincel ou rolo. Probade!!!!

14/11/09

A QUEN LLE GUSTAN OS MANDALAS?

A min me encantan, por iso vos deixo aquí algúns que seleccionei relacionados co tema do OUTONO no que estamos inmersos neste momento, por se alguén quere utilizalos.
Lembrade que no lateral esquerdo hai moitas páxinas con recursos, entre as que se atopan un montón de mandalas.
Para os que non saibades o que son, picade AQUÍ e AQUÍ.

Xa vos ensinaremos como quedan os que facemos nós no cole!!!

13/11/09

SOMOS ARTISTASSSSSSS!!!

Coñecedes este cuadro?
É de Arcimbolo, e representa o OUTONO.
Nel, vimos que hai follas e froitos do outono... pero... nós tamén somos artistas, así que... nos puxemos mans á obra, e como xa traballaramos con distintos froitos (os seus nomes, como son... no bodegón...) hoxe o que fixemos foi traballar con MARMELOS. Esos froitos tan ricos, cos que se fai o "membrillo". Aproveitamos que tiñamos 3, e que eran de distintos tamaños, así que os ordeamos de maior a menor e viceversa, e logo, cuns carteliños traballamos os tamaños: grande, mediano e pequeno.

Este foi o resultado das nosas obras (coas nosas propias fotos, e as follas e froitos do outono que pintamos e pegamos), que vos parecen?



SOUBEMOS A RESPOSTA DA ADIVIÑA

Que propuxeron os nosos amig@s da escola de Crecente (Pontevedra) no blogue do GT BENCLALU.
Esta era a adiviña...
E nós cremos que esta é a resposta, será ou non será? Teñen que dicírnolo eles no BENCLALU.

Ademais hoxe na asamblea, aproveitamos para traballar coa palabra "CERDO", contamos cantas letras ten, cales son esas letras...
E tamén, cada un de nós fixemos os nosos porquiños.

E mirade, podedes facer marionetas de dedos dos 3 porquiños e o lobo:

11/11/09

HOXE...

Hoxe, Carlota, que foi a encargada, foi a que dirixiu o Xogo das Emocións, ó que xa xogamos algunha que outra vez, e que cada vez nos sae mellor.
Ela nos dicía que emocións tiñamos que representar do Panel, e nós as imitábamos.
A ver se adiviñades cal representabamos en cada momento.

Tamén "quedamos pasmad@s" vendo a peli dos 3 porquiños, o vídeo xa o sabíamos de memoria, porque algúns xa o viramos onte nas nosas casas. Axudámoslle a soprar moito, moitísimo ó lobo, pero coa casa de ladrillo non puidemos!!!! Eso sí, cando vimos que se escaldara o cu ó caer na ola fervendo, pensamos que o tiña merecido, que vai ser iso de querer comer ós 3 porquiños!!!!!
Despois de ve-la peli fomos a traballar, a seguir contruindo a nosa propia casa dos 3 porquiños, unha casa de cartón, poderá derribala o lobo????
Estivemos poñéndolle o tellado, e tamén lle puxemos pedra a redor da fiestra e da porta. E para facer o gris... botamos moito branco, unhas gotiñas de negro, e... a remexer!!!! tachán!!!! velaquí está o gris.
Mirade como nos está quedando a obra:
Como sabedes, traballamos en equipos, e así mentres estamos nunha mesa facendo unha cousa, noutra mesa facemos outra, e ó final do día todos fixemos o mesmo, pero en distintos momentos.
Pois hoxe nos tocaba traballar unha ficha dunha poesía moi bonita:
OUTONO BONITO
FOLLIÑAS NO CHAN
CASTAÑAS ASADAS
QUE RICAS ESTÁN.
Os maiores fixemos a ficha así:
E os pequenos, mentres uns picabamos as follas dunha árbore, outros pintabamos con pintura de dedos o tronco (están a secar, xa vo-las ensinaremos), e outros mentres estabamos desfacendo anacos de polispán, que imos precisar máis adiante para o recuncho dos artistas, así que... cando os pequenos íamos rematando, a profe nos mandaba ir a axudar ós compañeiros a desfacer os anaquiños de polispán e mete-las boliñas nunhas caixas, todo ía ben, pero...Cando comezamos a ser moitos... vos imaxes como quedou a clase? Mirade, mirade! e con só moverse as boliñas voaban para todas partes!!!!!
Máis, aínda co desastre das boliñas que a profe non daba recollido nin coa vasoira nin con nada, fomos quen de seguir traballando moitísimo, e representamos a poesía que había na ficha:



E tamén fixemos cada un, a nosa castañeira, mirádeas todas xuntas, en forma de círculo:

Gústanvos? A nós nos encantaron e saimos moi, moi contentos con elas na man!!!

 
poemas de amor