BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

22/11/11

SOMOS XORNALISTAS: FACEMOS ENTREVISTAS

No recanto dos sabi@s esta semana estamos facendo de xornalistas, entrevistando aos nosos compañeir@s.
Pegamos a súa foto na ficha resumo da entrevista, e logo collemos o "micrófono" para facerlle as preguntas que aparecen no papel. Unha vez que nos contestan pasamos a poñer as respostas.

 Así queda recollido sobre o papel a información que nos deron os entrevistad@s...

Ao final, coñecemos un pouquiño máis dos nosos compis, ao tempo que traballamos a oralidade, a lectoescritura...
Quen se atreve a facer unha entrevista?

OBRADOIRO DE ESTIMULACÍÓN DA LINGUAXE

Onte fixemos o obradoiro de estimulación da linguaxe, e tocou facer unha "autopista espacial". Nela, os coches tamén eran especiais (bolas de papel, e máis tarde plumiñas) porque funcionaban cun combustible moi raro: o aire.
 Así, por parellas, xogamos a soplar facendo carreiras cos nosos coches ata chegar á meta.
Pasámolo moi ben!!! Podedes probar na casa, é moi divertido!!!

 

19/11/11

A ASEMBLEA DA TEA DE ARAÑA

Xa había moito tempo que non faciamos a asemblea da tea de araña, e esta semana tocou lembrala. Temos que ir falando segundo os compañeir@s nos mandan o "ovillo" de lá. Despois, ao tempo que falamos, imos enganchando o noso dedo con lá para que non se desfaga a tea de araña cando lla pasemos aos compis.
O xogo consiste en estar moi, moi atent@s, pois ao final para desfacer a tea, temos que dicir o que dixo o compañeir@ anterior.
Mentres esperan a que lles manden a lá para poder ter a quenda de palabra, todos están moi atent@s.

SEGUIMOS A TRABALLAR CO NOSO CONTO

"A que sabe a lúa?" e facendo moitas cousiñas con él. Algunhas xa as puidechedes ver no material que adxuntamos a semana pasada:
Fichas de lectoescritura e lóxica-matemática...

Xogo de memoria cos personaxes e os seus nomes...


Ao final cada un gardou as súas tarxetas nun sobreciño, para telas ben gardadas e que non se perdan, e poderán xogar co "memory" en calquera momento.

E tamén fixemos as nosas propias portadas do conto, poñendo tódolos personaxes, tendo que debuxalos un enriba doutro na orde que o fixeron no conto.
Así de chulis nos quedaron:




Gustáronvos?

FACEMOS PULSEIRAS PERSONALIZADAS COS NOSOS NOMES

Unha das cousas que máis nos gustou do que fixemos ao longo da semana, foi escribir con "contas", unhas contas cadradas con letras, que nos permiten xogar a compoñer nomes, escribir palabras e frases, facer series... todo o que se nos ocorra!!! Pero o primeiro día que estreamos o material, como non, quixemos facer unhas pulseiras e levalas para a nosa clase.
Este era o material (por certo, utilizamos medias gomas de cartafois vellos para meter as contas, e que non se escaparan... logo cambiamolas para outra goma para levalas pulseiras para a casa, así podemos seguir utilizando as outras para "xogar a escribir").
 
 Así xogamos a buscar as letras dos nosos nomes...


14/11/11

A QUE SABE A LÚA?

Coñecedes este conto? Nós sí, e o venres despois de que a profe o contara na clase, decidimos que iamos preparar algo para irllo contar aos nosos compis das outras clases.

Hoxe estivemos preparando os personaxes (que pintamos con ceras brandas e logo difuminamos con algodón), logo montámolos todos nunhas cartolinas traballando concepto como: primeiro, segundo, terceiro... ata oitavo, pois foron 8 os animais que colaboraron para chegar á lúa e así descubrir a que sabía.
 Tamén falamos sobre os animais, recordamos que a lúa é o noso satélite... en fin un montón de cousas!
Agora só nos queda preparar un par de cousiñas e dentro de nada xa estaremos "actuando" contándollo aos nosos veciños de corredor. Esperemos que lles guste!!!
Aquí vos deixamos un XOGO DE MEMORIA sobre o conto:


E unhas fichiñas por se queredes traballar tamén con este conto e vos serven, vale?




PABLO E GONZALO: OS PEQUECONTACONTOS DE HOXE

O venres levaron o seu carné, e hoxe fixeron a súa grande actuación coma contacontos. Gonzalo contounos a historia da "Bella Durmiente" e Pablo unha simpática historia de "Inés al revés".
Os dous o fixeron moi, moi ben, e todos estivemos atentísimos!!!!

Agora a dúbida é a quen lle tocará ser contacontos o próximo luns, porque todos se apuntan voluntari@s!

10/11/11

FAMILIAS CONTACONTOS

Hoxe estreamos a sección das "FAMILIAS CONTACONTOS" na HORA DE LER.
Foi co conto "OS TRES PORQUIÑOS" que nos contou estupendamente Ignacio, o papá de Ainara.
Quedaron todos boquiabertos!!! e se non me credes mirade as imaxes!!!
Por suposto, como podedes ver,  non podía faltar un pequeno e merecidísimo agasaio  de parte dos peques, que tanto agradecen estas actividades. Así que xa temos outro CONTADOR DE CONTOS OFICIAL!!!

Moitísimas grazas pola vosa colaboración!

9/11/11

UN MUSEO PARA AS NOSAS EXPOSICIÓNS

Na clase fixemos un espazo para amosar as nosas exposicións. Comezamos cunha primeira de debuxos libres que está quedando chulísima.
Despois teremos que completala poñéndolles un número a cada obra, o título dos cadros...
              Canto colorido!  verdade?

HORA DE LER

Neste momento de lectura, ao principio nos costaba moito centrarnos en coller só un libro para ler e andabamos sempre paseando a coller 1, 2, 3... pero xa estamos aprendendo a dinámica, e gústanos moito.
Cada un colle un conto e o "le", algúns o facemos en alto, outros en baxo, outros miramos os debuxos, outros descubrimos que hai un montón de letras no conto e que algunhas son as do noso nome, ou dalgún coñecido (familiares, compañeir@s...). Pero o caso é que pouco a pouco temos máis gañas de ir á biblioteca a coller contos, e cada vez gozamos máis das lecturas que nos fan os compañeiros e nós lles queremos facer a eles (lectura por parellas, pequecontacontos...). e seguimos a nosa rutina:
 Indo ordeadamente a coller os contos (que depois tamén en orde deixaremos ban colocadiños segundo a súa cor)
 Collendo o noso conto e sentándonos na asemblea para lelo.
 Centrándonos, segundo os nosos intereses, en lelo (en alto, baixo, mirar os debuxos...)
Ou, en moitas ocasións, facendo lecturas en parellas.

DIVERSIÓN NOS RECUNCHOS

Cada semana temos nos recunchos unhas actividades diferentes, pero hai algúns (soen ser 2cada semana) que os deixamos con máis liberdade de xogo. Aínda así, unha vez rematadas as tarefas programadas, o tempor restante e de xogo libre, sempre en cada recuncho.
Esta semana, no recuncho dos sabios estamos xogando con letras a esribir palabras. os peques din unha palabra e buscan as letras que creen que ten esa palabra. Despois a profe repite a palabra marcando ven as sílabas e dentro destas os fonemas, e así vánse dando conta dalgunhas letras das que se esqueceran. Ao final buscan todas as letras da palabra elixida, e posteriormente debuxarán dita palabra. Este equipo quixo facer a mesma palabra, así que os traballos son moi similares (pois ademais se copiaron bastante para debuxar). pero ao longo da semana nos iremos xuntando con diversas palabras e debuxos (que temos expostos no noso tendal da clase) e que serán cada un diferente, segundo o interés de cada un por facer a súa propia palabra. Cales escollerán hoxe?

Xa podedes ver cal foi a palabra escollida!!
No recuncho dos oficios unha das cousas que máis lles gusta e "ir de compras" e disfrazarse con todo o que teñen: bolsos, gafas, perrucas, velos, capas... todo vale!!!


... Isto sí que é pasalo ben!!!!
No das matemáticas estamos xogando cos nosos propios xogos elaborados: xogos de facer series, tangrams...

 
 
poemas de amor