BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

SEGUÍDENOS POR E-MAIL.

3/11/09

HOXE...

Fixemos un montón de cousas. Como estivemos de ponte, o certo é que hoxe a moit@s se nos pegaron as sabas, e chegamos un chisquiño tarde, e ademais viñamos con cara de cansos, pero pronto recuperamos folgos e nos puxemos mans á obra.
Na asamblea hoxe, Sara, que foi a encargada ensinounos as letras do seu nome.
Xa estabamos acostumados a que cada día o encargado busque a súa páxina do libro dos nomes e o colgue para que todos o vexamos, pero... hoxe ademais a profe incluinos unha nova tarefa, e foi que dentro da páxina do libro dos nomes, temos que rodear o noso (cando sexamos encargad@s) para diferencialo dos outros nomes que están na nosa páxina (por comezar coa mesma letra) e contamos cantas letras ten e o escribimos (co rotu máxico) e lle ensinaremos ós compañeir@s cales son as letras do noso nome.

Outra novidade na clase foi que os trasnos e a profe fixeron uns cambios na clase, puxeron unha cortina máxica (de coloríns) na porta da entrada, e colocaron moi, moi chuli o recuncho da biblioteca, agora, dixéronlle os trasnos á profe que temos que aprender a colocar moi, moi ben os contos (xa que antes éramos un pouco desordead@s). Agora, temos os libros colocados por cores (verde, laranxa, azul e amarelo) e teremos que colocalos seguindo ese código de cores. Pronto a profe vai escanear tódalas portadas dos contos para facer un libro de rexistro da biblioteca e comezaremos a levalos en préstamos as fins de semana. Xa vos avisaremos!
Na asemblea, hoxe a profe trouxo unhas caixas que teñen unhas letras (A, E, I , O, U) coas que xogaremos a "aprender a ler". Somos moitos os que "lemos contos" cando en realidade lemos as imaxes, pero para esta actividade está moi ben que teñamos práctica en ler imaxes. Tratarase de que cada día, a profe vai a presentar unhas imaxes (debuxos en branco e negro) con textos (nomes da palabras debuxadas). Veremos por que letras comezan, por cales rematan, como se len as palabras (as diremos en castelán e en galego, e se cadra, ata en inglés) , algúns de nós traballaremos con elas (pintándoas, subliñando a primeira letra... copiando esa palabra nun mural da vocal correspondente...) e despois meteremos esas imaxes nas caixas correspondentes. Pasados uns días, teremos xa un montón de imaxes e palabras clasificadas nas caixas, coas que previamente xogamos e aprendemos un montón de cousas, pero ademais nos servirán para xogar a sacalas das caixas e volver a colocalas correctamente.
Hoxe traballamos con vocabulario propio do outono: esquío, landras, cabaza, cogomelos, ourizos, paraugas... Bea nos ensinaba unhas tarxetas e nós "líamos" que poñería naquelas tarxetas, mirando o debuxo. Moitos o dicíamos en castelán, polo que ademais aprendemos a dicilo en galego, pois así o poñía nas tarxetas, e logo xogamos ó memori, tendo que atopar parellas de tarxetas.
Os maiores aproveitamos logo para escribir esas palabras con pinzas (así traballamos a atención, identificación e correspondencia de letras, a psicomotricidade fina... e un montón de cousas máis).
E tamén fixemos unha páxina do libro das cores, esta vez, correspondente á cor laranxa.
Na aula estreamos tamén un novo recunho ó que iremos tódalas semanas, o dos artistas (xa o tiñamos na clase, pero non funcionaba como recuncho propiamente dito) agora xa podemos escoller poñer alí a pegatina e traballar "CREANDO ARTE". Mirade algunhas das cousas que fixemos (pintamos, pegamos...). Estade atentos porque imos facer verdadeiras xoias!!!

E por último, no patio tivemos que recoller un montón de follas, xa tiñamos algunhas na clase, sí, pero utilizámolas para decorar a entrada do cole, e agora necesitábamos máis para traballar con elas nesta semana, así que, fixemos unha brigada recolectora de follas, e mañá xa poderemos comezar a traballar con elas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
poemas de amor