É un mes no que nós estamos moi nerviosos porque sabemos o que vai pasar (veñen as vacacións, o Nadal, Papa Noel, Reis... ) un montón de cousas que estamos desexando ansiosos que cheguen!!!
E aínda enriba hoxe viñamos aínda máis nerviosos porque traíamos ó cole a nosa obra de arte familiar (os beléns). Pero... pedazo obras!!!! (a profe xa dixo que confiaba na nosa creatividade, pero... tanto??????) Noraboa a tódalas familias polas súas obras!!!!Aínda faltan algúns, cando estén todos, poñeremos as fotos.
Neste mes, ademais temos que traballar na decoración da clase, nos temas que estamos agora (FAMILIA, NADAL) e tamén temos que enviarlles a carta ós nosos amiguiñ@s de Oviedo, e facer unha postal para o cole (que irá levando o profe de música e léndoas de escola en escola)... puff, un montón de cousas, festexaremos os tres cumpreanos do mes(o mércores 16)... e un montón de cousas máis, aínda que xa non queda moito tempo!!!!! Así que... temos que andar a correr!!
Hoxe os trasnos nos deixaron na maleta viaxeira uns agasaios (un calendario de advento, un gorro de Papa Noel e unha diadema con cornos de Reno) e con eles imos facer cousiñas no cole, bueno, algunha cousa xa fixemos hoxe, pero... é un segredo!!!!
Tamén rematamos de decorar os nosos debuxos para enviarlles ós nosos amig@s de Oviedo, e por fin, sae a carta ó seu destino!!!
Tamén estivemos xogando nos recunchos, e hoxe traballamos motricidade fina con pinzas, sí, con pinzas da roupa.
Xogamos ós aros cooperativos, xogamos a atravesar o río (camiño con aros) de distintas formas (como ananos, como canguros, á pata coxa), xogamos a "cambiar de casa" (como ás 4 esquinas, pero con moitos, moitos aros), e tamén a 1, 2, 3 zapatiño inglés.
Ánimo!! Que con los craks que sois, seguro os poneis al trabajo y os va quedar una decoracíón maravillosa! Los de 3 años de Pías estamos deseando ver vuestra postal, a ver si os gusta la nuestra!!
ResponderEliminarUn besito!!
Gracias por los ánimos Silvia!!! ya sabes que yo echo de menos esas horas que estoy en la sede para poder estar en clase con los peques, pero... el tiempo no da para más!!! será cuestión de organizarnos, jejeje
ResponderEliminar