BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

11/12/09

O NOSO CARNET LECTOR

Xa estrenamos o noso carnet lector, que vai pegado na carpeta de préstamo de biblioteca. O luns, terá que voltar, no mesmo sitio, eh!!!!
MOI IMPORTANTE: Deixade que sexamos nós os que debuxemos na ficha (aínda que volo pareza, non son garabatos, son os coñecementos que temos do mundo exterior, e os reflictimos así) e para escribir só nos tedes que axudar dicindonos o nome da letra, sinalándonolo no abecedario móbil, e marcándonos sonoramente os trazo (para arriba, para abaixo, unha barriguiña, unha patiña...) iso agora, porque estamos comezando, pero xa veredes que moi, moi pronto nos chegará con que nos digades o nome da letra, e listo! Grazas!!!
Para facelo, ademais de escribir o noso nome (algo que ós mais pequeniñ@s xa se nos da moi moi ben) tivemos que poñer a nosa pegada, e así, sí que é un carnet único!!!
E tamén levamos un lectómetro, no que iremos levando conta dos libros que nos imos levando á casa ó longo do curso. Cada venres poñeremos un gomet dentro do círculo correspondente do lectómetro, e así iremos vendo conta de cantos levamos (contando), comparando cos compañeir@s (quen levou máis ou menos, pois se faltamos un venres, ese día non poderemos levar libro, claro).
E a ver se conseguimos encher todos os círculos con gomets!!!! (sen facer trampa, claro).

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
poemas de amor