BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

11/12/09

A NOSA POSTAL XIGANTE

Hoxe era o día en que quedamos todos os profes do cole en ter rematadas as nosas postais xigantes, para que o profe de música as vaia levando a tódalas aulas do CRA e as vaia lendo, e así nos imos felicitando. Polo que... hoxe tocounos facer a nosa, e con moito traballo e esforzo este foi o resultado:

Ah!!! a profe contounos que os trasnos (que viven na nosa escola) viaxaron por todo o mundo, e cada vez que era Nadal segundo onde estiveran, vían que a xente falaba distinto (claro porque hai moitos idiomas) e os trasnos, apuntaban como se dicía BO NADAL en cada país. A profe tiña esos apuntamentos, así que...ó tempo que nos contaba esa historia, e nos dicía como se dicía en inglés, francés, holandés, alemán, africano, portugués, castelán... nós o repetíamos (por suposto que non nos lembranos de casi nada, así que o repasaremos ó longo da semana). E aproveitamos para felicitar o nadal ós nosos compis en distintos idiomas (aínda que non nos couberon todos!!!).
Que vos parece a nosa postal? Gústavos?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
poemas de amor