BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

SEGUÍDENOS POR E-MAIL.

22/2/10

A ÁRBORE DAS PALABRAS

Hoxe estivemos un pouquiño desorientad@s pois houbo algúns cambios nos recunchos da aula, e tamén na entrada da escola.
Lembrádesvos da nosa árbore de outono que posteriormente convertimos en árbore de Nadal? Pois agora está "tuneada" oura vez máis, e é unha "Árbore das palabras" e que forma parte dun novo recuncho que temos na aula, o "Recuncho Escritor" (que colocamos ó lado da nova biblioteca).Nese recuncho poderemos ir e escribir as letras e palabras que nos queiramos, e que iremos pegando nun mural que teremos alí ó ladiño do recuncho. Pero, ademais, hai unha cesta con folios recortados en forma de folla (de árbore) e nela poderemos escribir tamén palabras. Así como a árbore de momento estaba peladiña de follas, iremos enchéndoa de follas e de palabras. Máis adiante, xa veredes que máis cousiñas lle imos poñer e como nos vai quedando, vale?
Así temos unha nova actividade motivadora de animación á lectoescritura, gústavos?


2 comentarios:

  1. Claro que nos encanta¡¡¡menuda idea más genial, a nosotros se nos estropeó el árbol, pero me parece que vamso a plantar otros...jejeje, y si nos mandamos hojitas con palabras ????? nosostros sabemos escribir ya bastantes ( las de vuestra poesia perfectamente, jejejej) si podemos poner al arbol muy muy llenito???
    Bueno que estais que os salis chic@s

    ResponderEliminar
  2. Ok, os mandaremos cositas en una carta este viernes, vale?
    y vale, os mandamos palabritas para que lleneis vuestro árbol.
    Serán hojas y palabras viajeras, jajaja.

    ResponderEliminar

 
poemas de amor