BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

SEGUÍDENOS POR E-MAIL.

22/2/10

RESTAURANTE E SUPERMERCADO

Hoxe, falando de alimentos, chegamos á conclusión, de que se estamos fóra da casa, e queremos comer, temos varias posibilidades: ir a comer á casa dalgún familiar, ir a un bar, a un restaurante, mercar algo no super...
E vimos que tamén temos un montón de alimentos na escola (nas merendas, na casiña...) e fixemos unha proba consistente en atopar todos os alimentos que había na escola, e rapidamente os trouxemos á asemblea.


Logo, decidimos que nós tamén poderíamos facer un restaurante e un supermercado (case de verdade) no cole. Así que... tivemos que pensar, que cousas precisaríamos para os nosos dous proxectos:
- Buscarlles un nome
- Un rótulo
- Folletos
- Cartas de menús
- Comida e bebidas
- Cartos
- Máquínas de pesar e de cobrar
- Xente (camareir@s, cociñeir@s, caixeir@s, limpador@s...)

De momento o que fixemos foi poñerlles o nome (non pensamos moito e chamaránse RESTAURANTE COUSO, e SUPERMERCADO COUSO)
Tamén fixemos un rótulo para que se vexa ben onde estará ubicado o noso restaurante.

Estivemos tamén facendo cooperativamente unha serie de cousas precisas para os novos negocios que temos entre mans: fixemos uns manteis para o noso restaurante,
e uns folletos das ofertas do noso supermercado.
(Podedes ver que uns precios son máis competitivos que outros, e ata temos unha oferta de Sara de todo a 5 €)
Tamén estivemos clasificando tódolos cubertos, para poder facer uns carteis e que os camareir@s atopen facilmente as cousas no restaurante.

2 comentarios:

  1. wowowo mennudo proyecto¡¡¡¡me encanta, espero que disfruteis con él,queremos queremos¡¡¡¡ a ver si nos mandais las cartas del restaurante con fotos y todo¡¡¡¡ y nosostros os podemos mandar....pues alguna receta de cocina??? que os parece?, ( Bea al final no pude subir bauaaa, otro dia ...) Bueno muchos besitos de nieves y los peques

    ResponderEliminar
  2. Ok, uniros al proyecto!!!!
    nuestro restaurante y supermercado han comenzado aún hoy, y tendremos que trabajar mucho, mucho, mucho en ellos, así que... toda ayuda es poca.
    Si nos mandais una recetita pues la podremos poner en el libro de recetas que haremos, muy buena idea!! gracias!!

    ResponderEliminar

 
poemas de amor