BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

1/5/10

BICHERÍO, BICHERÍO...

Estes días estamos comezando a pescudar un pouquiño sobre OS ANIMAIS, dalgúns xa sabemos moitas cousas, o que se amosa cando a profe pregunta, e tod@s temos un montón de información para darlle, pero doutros aínda temos moitas cousas por saber!!!!
O mércores, no patio, quixemos facer unha primeira observación-experimentación con animais. A profe propúxonos que como estabamos merendando fóra, e ás veces nos caían anaquiños de gaieta, pan... no chan, que ó mellor con eses cachiños que a nós nos caían, e xa non podíamos comer, ó mellor podíamos alimentar a algún animal, non??? Todos dixemos: van vir as formigas a comer aquí!!!
E así foi, como todos, decidimos xuntar esas miguiñas nun sitio do patio, e esperar a ver que ocorría!!! Collimos un xiz, marcamos o espazo para que ninguén pisara por alí, e alí nos quedamos a vixiar... pero... cousa rara, só se achegou unha formiga algo despistada, á que nós tentamos orientar (e iso que tiñamos anaquiños de gaietas, e restos dunha mazá). Mirade o video:

Despois, como todos estabamos pendentes de se viñan ou non más formigas, a profe dixo: pero... ó mellor veñen outros animaliños, que vos parece se vos dou uns botiños por equipos e buscamos animais, e lles damos de comer, os observamos...? Todos queríamos levar os botes, pero fomos primeiro uns e logo outros, e atopamos moitos bichos: formigas, bichos-bola, lombrices... mais non atopamos ningunha xoaniña, así que nos tivemos que conformar con ver as que fixeron as profes con globos, jejeje.

O mundo dos animais encántanos a tódolos nen@s, seguro que aprenderemos un montón de
cousas, estade atent@s!!!
Por certo... se alguén ten unha mascota e no-la quere ensinar no cole, estaremos encantadísim@s de recibila, e aprender cousas con ela: un paxaro, unha tartaruga, un hámster, un canciño, un poliño... queremos velos todos!!!! O mellor día para traela sería o mércores que é cando está Bea toda a mañá. Avisade antes á profe, para que poda preparar algúns materiais, vale???

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
poemas de amor