Alí, ó chegar, tivemos un tempo para desfrutar libremente do entorno, e da compaña de tantos compis das escolas do Cra. Logo, merendamos, cada un cos seus compañeir@s, ó lado do lugar onde tiñamos cada grupo as mochilas, e despois...
XOGAMOS POR ESTACIÓNS!!!
1. Carreiras cos pés atados (nós tamén imitamos animais...)
2. Xogos con paracaídas
3. Xogos con dúas pelotas xigantes.
4. Bolos
5. Xogamos con caldeiros, pás...
6. Xogo da soga-tira.
Cada grupo comezaba nunha estación, e ó sinal de cambio, rotabamos un posto, ata que todos pasaramos por tódalas estacións. Mirade que ben o pasamos!!!!1. Carreiras cos pés atados (nós tamén imitamos animais...)
2. Xogos con paracaídas
3. Xogos con dúas pelotas xigantes.
4. Bolos
5. Xogamos con caldeiros, pás...
6. Xogo da soga-tira.
Algo moi importante nesta saída, foi que nós atopábamos cousas, e levámosllas á profe para ensinarllas e nós dicía que eran TESOUROS, entón nos mandaba gardalas nunha bolsa de tesouros que tiña ela (alí metimos plumas, pedriñas, cunchas e moitas cousas máis...). No cole, seguro que faremos un montón de cousas con estes tesouros!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario