BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

19/11/10

AXUDA FAMILIAS: INVESTIGAMOS SOBRE OS CARACOIS?

O outro día, pintamos un caracol nun mandala...

E desa fichiña xurdiron un montón de comentarios sobre como eran os caracois (andan moi depaciño, teñen cornos, soltan babas, arrastránse como as serpes, viven nas paredes...) e todos moi interesad@s nos metimos nunha asamblea ben proveitosa, da que xurdiu o noso interés por investigar máis sobre os caracois. Para iso, pensamos que podíamos pedir información ás familias, buscala en internet, nos libros, ir á biblioteca...
Así que... xa estamos preparados para comezar!!!!!

A partir deste momento precisamos todo tipo de informacións impresas de internet, contos, recursos (contos, adiviñas, poesías...), material de estudo, xogos... relacionado cos caracois.

Ademais, propoñémosvos que ao longo da próxima semana os nenos/as vaian traendo un LIBRIÑO-MURAL feito en familia (unha cartolina grande, doblada a modo libro, e na que haxa diferentes materiais sobre os caracois para que eles nos podan explicar cousiñas na asamblea). Encantaralles ser os protagonistas, e que os compañeiros/as estén atentos a mirar a súa creación familiar, e escoitar os seus coñecementos.
Moitísimas grazas, de antemán, pola vosa participación.

Se premedes nos seguintes enlaces,  poderedes ver uns exemplos de libriños murais que trouxeron na primavera os meus antigos alumnos/as do CRA. do Rosal, e facervos unha idea de como poden ser.
VARIOS LIBRO MURAIS PRIMAVERAIS
LIBRO MURAL DE LEA
LIBRO MURAL DE ADÁN



No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
poemas de amor