BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

SEGUÍDENOS POR E-MAIL.

31/12/10

25/12/10

MENÚ PARA HOXE...

Como hoxe é Nadal, podedes sorprender aos vosos peques cunhas sinxelas receitas propias para o día, ou mellor aínda... facelas con eles. Que vos parece?
Premede nas seguintes imaxes e iredes directamente á páxina de onde saquei a información. Mans á obra!!!!!





Que tal vos portáchedes? Trouxovos algo Papa Noel? Mirade que a nosa amiga Formi está alí na Ponia, e seguro que tivo en conta o ben que vos portáchedes e algo deixaría, non sí? Xa me contaredes á volta!!!!
Biquiños de caramelo para tod@s!!!

23/12/10

O BROCHE FINAL PARA ESTE ANO

Foi, sen dúbida algunha, o Festival de Nadal de onte, no que as nosas árbores de Nadal, non deixaron de sorprender a ninguén!!!! Un aplauso para el@s que ben o merecen!!!! E máis, penso que algúns d@s protagonistas xa teñen Club de Fans.
Deixovos aquí, de momento, unhas pouquiñas fotos que se sacaron coa miña cámara, pero espero que tod@s os que teñades fotos ou vídeos colaboredes enviándonolos ao noso correo (clasedebea@hotmail.com). Ademais dende abaixo do teatro as fotos non saen moi ben e seguro que tedes algunhas moi chulas sacadas dende arriba, por favor, enviádenolas. Moitas grazas!!!! Ireinas incorporando a esta presentación segundo as vaia recibindo.

 

21/12/10

COS NOSOS MELLORES DESEXOS...

TARDE DE XOGO NA NOSA CLASE COS COMPAÑEIROS DE 3 ANOS A

Esta tarde convidamos aos nosos compis da clase da profe Ana, e mirade o ben que o pasamos xogando todos xuntos.

 
Á volta de Nadal seguro que repetimos!!!!

ENVIAMOS AS NOSAS POSTAIS... FOMOS A CORREOS!!!!!

Hoxe enviamos unhas postais que fixemos, e que lle enviaremos cada un a un compañeir@. Para iso... fomos tod@s os nen@s de infantil a correos. Mirade!!!!

20/12/10

ELEXIMOS O NOSO CONTO VOTANDO

Hoxe, como fixemos noutra ocasión, escollimos que conto ler facendo unha pequena votación. Se a outra vez votamos pegando un gomet nun panel... hoxe fixémolo escribindo o noso nome no folio que había debaixo do conto que queriamos, e que tiñan posto o número 1 e número 2 respectivamente. Así, de paso... nos familiarizamos con estes números.
Ao fin, podedes ver que tra-lo reconto, quedamos 6 a 4 a favor do conto número 1, e ese foi o que contamos. Gustounos moito, e estivemos moi, moi atent@s!!!!

 
Con esta actividade, ademais de traballar a animación á lectura... traballamos a escritura, a numeración, o respeto pola quenda, aprendemos a expresar os nosos propios criterios, oralmente amosamos as nosas preferencias dando unha explicación... en definitiva traballamos globalmente un montón de aspectos, que pouco a pouco nos fan máis autónomos nas nosas actividades cotiás dentro do cole, e fóra del.

VISITÁRONNOS OS PAXES REAIS...

E nós, nerviosísimos coas nosas cartas na man, quedamos mudos e case tamén como estatuas, sí, sí, como estatuas!!!
Quedamos parad@s e case nin nos atreviamos a achegarnos aos paxes, nin botar a nosa carta no buzón, pero... Despois de que Noah dese o primeiro paso... alí fomos tod@s e como agasaio, déronnos uns caramelos!!! esperamos que como nos estamos portando moi, moi ben, nos traian o que pedimos.Só pedimos unha cousiña cada un porque queremos que os agasaios cheguen a tódolos nen@s do mundo!!!

 

DOUS CUMPREANOS!!!

Hoxe tivemos o cumpreanos de Marcos e Julián, que como podedes ver na súas coroas... xa son maiores!!! Xa teñen 3 aniños!!!


IMPORTANTE: ALGUNHA ALERXIA OU INTOLERANCIA ALIMENTARIA?

O mércores 22, despois das actuacións e como último día de curso neste ano, faremos unha comida de convivencia no cole, tanto os nen@s que normalmente van ao comedor coma os que non. Remataríamos ás 14:00.
Precisamos saber se hai algún nen@, dos que non van ao comedor, que teña algunha alerxia ou intolerancia alimentaria. Nese caso avisade á profe, para poder telo en conta no menú, xa que o previsto sería este:
E... esquecíaseme tamén haberá empanadillas, e de postre doces de Nadal.

18/12/10

O FESTIVAL DE NADAL


Lembrade que O MÉRCORS 22 iremos ó teatro a actuar no noso FESTIVAL DE NADAL.
Nada máis chegar pola mañá, e despois de prepararnos para a nosa actuación, iremos EN BUS para o teatro, e alí poderedes ver as actuacións.
Logo volveremos para o cole en bus tamén, e xantaremos todos xuntos cos nosos prof@s, e ás 14:oo horas sairemos para as nosas casas... e a comezar as vacacións!!!!!!
Lembrade que ese día teremos que TRAER ROUPA BRANCA!!
Podedes colaborar tamén traendo luns ou martes 1 ou 2 doces de Nadal.
Moitas grazas!!!

A QUE ANDAMOS ESTES DÍAS?

Pois andamos atarefados rematando cousiñas, comezando a escribir nos nosos debuxiños e fichas (tanto palabras como números para que nos vaian sonando) ademáis do noso nome, claro!
Facendo visitas á biblioteca para levar o empréstito de biblioteca...
Tamén vimos unha peli no EDI cos nosos compis da clase de Ana...

E fomos a contar o conto de " A CEBRA CAMILA" tamén á biblioteca, coa clase da profe Ana, e...
SORPRESA!!!Levamos a vela de contar os contos, unha veliña que encendeu a profe Ana antes de que comezara o conto, e que unha vez rematado, todos apagamos soprando á vez!!! Estivo moi chuli!!! Despois aproveitamos a debuxar á protagonista do conto e cos debuxos faremos un libriño que podarán ver todos os compis do cole, pois estará na biblioteca, na sección de "OS NOSOS LIBROS", e que moi pronto esperamos ter cheíña de cousas feitas por nós.

 

16/12/10

ÚLTIMO MÉRCORES DE OBRADOIROS DESTE ANO


O NOSO LIBRIÑO DA RATIÑA PRESUMIDA XA CHEGOU A OVIEDO

Aínda que non o publicaron no seu blogue, a profe Nieves xa me avisou de que o libro viaxeiro xa chegou a Oviedo.
Desta vez, incluimos nel o conto da "Ratiña Presumida" pero feito por nós, claro.

 

Aquí podedes ver o chulo que nos quedou!!! E polo que sabemos... aos nosos amiguiñ@s lles encanta tamén. A ver con que nos sorprenden desta vez!!!

A NOSA PÁXINA PARA O LIBRO COOPERATIVO DE NADAL

Dende o Equipo de Biblioteca, propúxose para este mes de Nadal facer un Libro Xigante Cooperativo, entre tódalas aulas do cole. A cada ciclo lle tocou traballar nunha temática:
EDUCACIÓN INFANTIL: poesías e adiviñas
PRIMEIRO CICLO: contos
SEGUNDO CICLO: panxoliñas
TERCEIRO CICLO: caligramas
Así, repartíronse polas aulas cartolinas grandes verdes ou vermellas, para que cada clase fixese a súa páxina.
Esta é a nosa, despois dun grande traballo de pintar, escribir, pegar, recortar...



 Moi pronto poderedes ver o libro enteiro, que por suposto será unha obra que estará a disposición de todos os que a queiran ollar na biblioteca escolar. Ao ser nós os protagonistas, seguro que imos velo unha e outra vez.
 
poemas de amor