BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

11/10/11

FORMI PRESÉNTANOS A UN NOVO AMIGO

Hoxe recibimos noticias de Formi, despois de tanto tempo!!! e foi a través dunha carta (en forma de avión) que chegou voando a través da fiestra da nosa clase. Estabamos tan tranquil@s na asemblea, cando nos sorprendeu a aterraxe da súa carta.
 Alí nos explicaba onde estivera, a quen coñecera... e para a nosa sopresa, presentounos a Marci, un marciano que coñeceu no "planeta vermello".
Lede a carta e enteradédesvos de toda a historia:
Así pois, Marci quedou presentado en sociedade. Poderedes seguir todo o proxecto premendo na icona da esquerda. A medida que vaiamos subindo cousiñas nesta etiqueta directamente se enlazarán alí.

Tra-la sorpresa de saber que Marci veu de visita a Ortigueira, pero... (casualidades da vida) rematou voando nun globo ata chegar ao planeta vermello, tivemos que contestar ás súas preguntas e falamos sobre que sabiamos dos planetas, cal criamos que era o planeta vermello, quen vivía alí...
e algunhas das cousas que dixemos foron que:
- os planetas están moi altos, no lado escuro, no lado negro, están no ceo...
- os planetas teñen moitíiiiiiisimos buratos, e alí tamén hai naves...
- nos planetas viven os marcianos e os extraterrestres, hai un extraterrestre xefe (din que é Marci) e tamén os hai bebés...
-O planeta vermello é Marte, e chámase "planeta vermello" porque é desa cor...

En fin... deunos para falar e falar, e sobre todo para crear expectativas e curiosidades. Agora precisamos da axuda das familias e que nos manden información dos planetas, do universo en xeral... cousiñas que nos servan para achegar aos peques un pouquiño máis a este tema.
Xa sabedes, valénnos contos, libros para pescudar, imaxes, xogos ou xoguetes alusivos ao tema... calquera cousiña que nos faga centrarnos no tema para aprender moitísimas cousas.
Por certo, como cada primeiro día no que iniciamos un proxecto (neste caso é un tema-proxecto xeral para todo infantil) fixemos o debuxo coas nosas ideas sobre o tema, así debuxamos a Formi, a Marci e os planetas. Mirade que claro temos como son:




3 comentarios:

  1. Gustaríame ver por un buratiño a cara que puxeron cando chegou a carta en forma de avión pola ventá. ¡Deberon de quedar pasmadiños! Seguiremos de cerca ese proxecto sobre o Universo e os planetas que seguriño que aprendemos moitas cousas. Un biquiño.

    ResponderEliminar
  2. Unha forma moi chula de iniciar o proxecto. Seguro que están motivadísimos. Seguiremos as vosas investigacións. Bicos.

    ResponderEliminar
  3. Esa foto foi xusto cando entrou o avión "misteriosamente" pola fiestra, pero a cara de alucine puxérona cando se deron conta do feito en sí. Nós tiñamos a fiestra aberta porque tiñamos moito calor e de repente entrou unha carta-avión de Formi (a nosa mascota do proxecto xeral do curso pasado). Todos quedaron alucinados e dicían: buahhhh, es Formi!!!! jeje.

    ResponderEliminar

 
poemas de amor