BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

SEGUÍDENOS POR E-MAIL.

10/10/11

PINZAS MÁXICAS = TENDAL MÁXICO

Sempre me gustaron as clases con tendais nos que se poden ver expostos os traballiños dos nen@s. E sempre teño, alomenos, un.
Pero... para traballar un pouquiño co recoñecemento do nome de tódolos compañeir@s da clase, e para personalizar as nosas pinzas, hoxe fixemos un xogo.
Eu, previamente,tiña impresas fotos individuais dos nen@s.Dinlles a cada un o seu papeliño e escribiron o seu nome. Plastificamos as fotos por unha banda e os nomes por outra. Logo, en círculo, xogando na asemblea, líamos as tarxetas e emparellabamos coas fotos correspondentes.
(Faltaron Lucía e Carlos, así que quédannos as súas pinzas máxicas por montar)
Logo, cada un escolleu que dúas pinzas quería para sí mesmo, e poñía nunha o nome e noutra a foto (aproveitando así a traballar un pouco a motricidade fina) e despois eu con cinta de doble cara para pegar, montei as pinzas.


O resultado é que agora cada un terá unhas pinzas personalizadas.

Con elas iremos lendo o nome dos compañeir@s noutro lugar diferentes, e sen dúbida pois vai emparellado coa pinza do nome.
Este foi o resultado:
Que vos parecen as nosas pinzas? Chulas verdade?

2 comentarios:

  1. ¡Que idea máis orixinal! Aos rapaces de seguro que lles gustou moito a idea. E iso de expoñer os seus traballos e algo que lles gusta un montón. Bicos.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Ana! sí, o certo é que estaban todos entusiasmados ao ver que acertaban de quen era cada nome, e tamén como cada un escolleu as súas cores nas pinzas e ten a súa foto... é algo máis persoal! jeje.

    ResponderEliminar

 
poemas de amor