BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

SEGUÍDENOS POR E-MAIL.

5/3/12

AUTO-FICHAS

Na clase temos algúns modelos de fichas case en branco, para que sexa cada neno ou nena o que a personalice ao seu gusto. Así por exemplo, mentres uns deciden pegar letras e a partir delas escribir palabras que comezan por esa letra, outros pegan números e debuxan tantos como marca o cardinal que pegaron. Nestas fichas non hai xeito de copiar aos veciños, e cando o fan, dánse conta de que non serve para moito, pois cada un colle números ou letras diferentes. Estas fichas, están nos recantos, e así, libremente poden ir facendo os seus propios exercicios, aínda que para iso, previamente, temos que darlles algunhas ideas, claro. Hoxe, por exemplo, xurdiron cousas así:


 Deste xeito, cada un debuxa o que quere, pode escribir despois, se quere, cada un debuxará máis ou menos cousas segundo os números escollidos, etc.
 

2 comentarios:

  1. Unha idea moi boa esa de que cada neno/a elabore a súa ficha. Que ben debuxades e escribides!.

    ResponderEliminar
  2. Boas maneiras de individualizar o ensino e que o neno sexa o protagonista. Seguro que se sinten un pouquiño profes durante un anaco. Besos.

    ResponderEliminar

 
poemas de amor