BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

SEGUÍDENOS POR E-MAIL.

5/3/12

INVENTANDO CONTIÑOS CON NOVAS TÉCNICAS

Hoxe, na "Hora de Ler" aproveitamos a inventar un contiño, que logo elaboraremos en formato conto, para ter dispoñible na nosa biblioteca. Para iso, previamente, falamos de como poden comezar os contos, como poden rematar... e ademais das fórmulas que dicían os peques, a profe tiña preparadas unhas tarxetiñas onde se podían ler gran variedade de posibilidades para inicios e finais de contos.
Ademais, utilizamos unhas tarxetas con distintos personaxes e obxectos.
Así, collendo unha tarxetiña de cada cor (inicios, personaxes e obxectos, e finais) comezamos a inventar a nosa historia, que rematou, como non, cun final feliz. 
 Estas tres foron as tarxetas elixidas polos encargad@s do día:
Como podedes ver, tiñamos que meter na historia o inicio e final que aparecen nas tarxetas, e a figura dun zapateiro como personaxe, unha caixa, uns botóns, un pozo  e un coche. Como estamos acostumados a inventar historias, resultounos moi sinxelo.
Nestes días, iremos creando a historia en formato conto, e xa vo-lo ensinamos.
 

2 comentarios:

  1. Non deixas de sorprenderme Bea, magnífica idea!!
    Aproveito para darche a coñecer o meu novo blogue no que irei colgando cousiñas que vou facendo e que vos poden servir, xa que este ano non teño blogue de aula, ocorreuseme crealo así: recursosycositas.blogspot.com

    ResponderEliminar
  2. Irei voando a mirar esos recursos e cousiñas que colgas. Grazas!!!

    ResponderEliminar

 
poemas de amor