Lembrámosvos por aquí o noso calendario de merendas:
Ademais, aproveitamos para ensinarvos un dos nosos momentos de merenda no cole. Como podedes ver, facémolo con música de fondo, unha música relaxante. Algúns aproveitan a charlar en canto merendan, outros a escoitar a música, outros ata acompañan a música co seu corpo... pero en realidade, todos están gozando do momento da merenda.
Logo cando rematan de merendar, recollen as súas cousas (botella de auga, fiambreiras...) para a mochila, colocan a cadeira no seu sitio, limpan a mesa... e listo!!!! despois poñen a súa foto no panel dos Campe@ns, e xa están listos para subir ao tren e logo saír ao patio.
10/10/10
7/10/10
UNHA CARTA SORPRESA
Hoxe, a primeira hora da mañá recibimos unha visita moir especial , era o carteiro que nos traía unha carta de Formi (a formiga viaxeira).
E os encargad@s do día foron os que a abriron para ver que información traía...
Ao parecer Formi está perdida nunha cidade, na que falan un idioma moi raro (e claro ela non se entera de nada) e na que nos pide axuda para que lle axudemos a saber onde está e cousas dese lugar. Para iso, enviounos unhas fotos que fixo, e a ver se entre todos (familias aquí precisamos a vosa axuda) conseguimos saber onde está... logo mandarémoslle unha carta con toda a información e de paso pescudaremos moitísimo... convertirémonos en auténticos detectives!!!!
Mirade as fotos que nos enviou. Alguén sabe de que cidade se trata? Por favor enviádenos calquera tipo de información para poder axudar a Formi (libros, información impresa, páxinas de internet, postais, moedas propias... calquera cousa que teña que ver co tema seguro que nos valerá para montar o noso RECANTO DE INFORMACIÓN).
Moitísimas grazas pola vosa axuda!!!!
NOTA: Deixamos no lateral esquerdo un logotipo do noso proxecto, este no que a través das viaxes que irá facendo Formi coñeceremos un montón de cousas de xegrafía, culturas, idiomas... Picando nel poderedes acceder a toda a información que teñamos ao respecto do proxecto.

6/10/10
AS PROFES TAMÉN CUMPREN ANOS?
Pois sí, aínda que moitos non o crían... esa é a realidade, @s profes tamén cumpren anos, e hoxe tocoulle á nosa profe (Bea). Así que... tamén lle tocou de traer un rico biscoito (de laranxa) e facer a súa coroa... Mirade como o festexamos!!!
Non preguntedes os anos, por favor... á vista está!!! jejeje.
Moitas grazas aos meus peques por cantarme tan tan ben o cumpreanos feliz. Un bico!!!!
Non preguntedes os anos, por favor... á vista está!!! jejeje.
Moitas grazas aos meus peques por cantarme tan tan ben o cumpreanos feliz. Un bico!!!!
O CLUB DO MANDILÓN
Tendo en conta que unha das cousas que máis nos interesan agora neste primeiro trimestre é que os nenos e nenas acaden certa autonomía á hora de vestirse e desvertirse, colgar as súas pertenzas...decidimos crear o "CLUB DO MANDILÓN" de xeito que temos un panel que pouco a pouco se irá enchendo de socios do club, que serán os que xa sexan autónomos para poñer e sacar sós o seu mandilón.
ALGUNHAS COUSIÑAS
Ímosvos ir contando algunhas das cousiñas que imos facendo na asemblea, a primeira hora da mañá.
Cada día temos dous encargad@s, co que conseguimos así aprender a compartir tarefas.
Cada día, os nen@s aos que lles toca ser encargad@s poñen as súas fotos no panel, para que tod@s saiban quen son ese día.
Algunhas das funcións dos encargados son dirixir a orquestra para cantar os días da semana, contar cantos estamos no cole, mirar se faltou alguén, comprobar o tempo que vai, reflictir o día no que estamos e o mes, e máis a estación do ano...
tamén buscar o noso nome no libro dos nomes...
Pouco a pouco irán xurdindo máis e máis cousiñas, á vez que nós imos tamén medrando e sendo cada vez máis autónomos.
2/10/10
SESIÓN INFORMATIVA
Nela responderemos ás vosas dúbidas, e explicarémosvos un pouquiño a nosa metodoloxía de traballo durante o curso. Non faltedes!!!!
1/10/10
PARABÉNS AINARA!!!!!
Hoxe festexamos o primeiro cumpreanos do curso na nosa clase, o de Ainara, que xa ten 3 anos!!!!
Trouxo un rico biscoito que comemos con moito gusto, pero... non sen antes cantarlle a merecida canción cumpreañeira:
Trouxo un rico biscoito que comemos con moito gusto, pero... non sen antes cantarlle a merecida canción cumpreañeira:
PÍO, PÍO
Hoxe comezamos a falar na asemblea con axuda dunha mascota que se chama Pío, Pío. Para respetar a quenda de palabra e non falar todos á vez, só poderá falar aquel neno ou nena que teña a Pío, Pío e os demais estaremos ben atentos ao que di. Así, non será moi difícil que pouco a pouco aprendamos a escoitar aos demais e a ser pacientes esperando o noso momento para falar tamén de cara aos demais.
30/9/10
A FESTA DE POMPIÑAS DE XABÓN
A profe xa comprobou que a todos nos encanta bailar e cantar... e por iso nos fixo unha discoteca especial na asemblea, e bailamos ao tempo que estoupábamos pompiñas. Mirade que divertida foi a nosa festa!!!
OS XOGOS DE PATIO
De momento como o tempo nos acompaña só tivemos que ir un día ao patio cuberto, e aproveitamos a xogar o resto dos días fóra, no areeiro, nos tobogáns... pasámolo moi ben!!!!
OS PEIXIÑOS
Moitas veces imos para a casa pintados, ás veces será como premio por portarnos moi ben (xa que nos encanta), outras porque festexemos algo (un cumpreanos, unha festa especial...) e outras porque nós mesmos experimentaremos pintándonos.
Hoxe, por exemplo, convertémonos en pequenos peixiños. Mirade que guap@s estamos:
Hoxe, por exemplo, convertémonos en pequenos peixiños. Mirade que guap@s estamos:
O NOSO SEMÁFORO DO COMPORTAMENTO
É necesario que dende ben pequen@s vaiamos sendo quen de controlar os nosos comportamentos, sabendo que cousas están ben e cales están mal e porque.
Estes primeiros días, de toma de contacto uns con outros, adicámonos basicamente a xogar, a coñecer as dependencias do cole, a aprender as rutinas da escola, a coñecernos... e xa comezaron algúns pequenos problemiñas da vida cotiá (a dura vida no patio, as pelexas por un xoguete, a necesidade de comprender que os xoguetes son de todos para compartir e non dun mesmo...) pero con todo isto aprendemos a convivir cada día, solucionando os pequenos problemiñas do día a día, cada vez de xeito máis autónomo.
Outras cousas de grande importancia estes días son os hábitos de autonomía: colgar as pertenzas, poñer o mandilón, ir ao baño, coller o papel para sonarnos... cousas que cada vez faremos sen necesidade que ninguén nos teña que dicir de facelas, pois pouco a pouco se creará o hábito, e seremos quen de facelas sen axuda.
Para comprobar como nos portamos, temos un SEMÁFORO DE COMPORTAMENTO, no cal temos as nosas fotos. Se nos portamos ben, as nosas cariñas estarán no círculo verde, se nos portamos regular no amarelo, e se nos portamos moi mal no vermello. Así, iremos sendo quen de darnos conta dos nosos actos, falaremos sobre eles, e nós mesmos seremos os que teremos que poñer a pinciña no lugar correspondente.
Hoxe foi o noso primeiro día de usar o semáforo, e por sorte... de momento todos estamos na cara sorrinte (é que ningún quere ter a cara triste, por que será?)

28/9/10
O NOSO HORARIO DE PROFESORADO ESPECIALISTA
MARTES: psicomotricidade (co profe Carlos)
MÉRCORES: relixión (co profe Félix)
XOVES: inglés (coa profe Mónica)
MÉRCORES: relixión (co profe Félix)
XOVES: inglés (coa profe Mónica)
26/9/10
MARQUIÑOS VOLTA AO COLE
24/9/10
MINI LIBROS E MINI ETIQUETAS MOI CREATIVAS
Mirade que ideas tan chulis para utilizar en traballos, postais, agasaios...
Para conseguir os moldes das mesmas só tedes que picar aquí, no picasa de Klára.

Para conseguir os moldes das mesmas só tedes que picar aquí, no picasa de Klára.

UN RAMO DE FLORES MOI OUTONAL
Se queredes aproveitar as follas das árbores que comezarán a caer agora coa chegada desta nova estación, o outono, mirade que bonita idea tedes neste album picasa.

ALGUNHAS IDEAS
Deixámosvos aquí algunhas ideas para facer postais, etiquetas... de papel ou cartolina, e que atopamos dende o album picasa de Klára.
Mirade algúns exemplos, e se queredes descargar o album completo picade directamente no enlace.

Esperamos que vos servan.
Mirade algúns exemplos, e se queredes descargar o album completo picade directamente no enlace.

Esperamos que vos servan.
15/9/10
CADA VEZ É MAIS SINXELO...
Separarse dos papás e mamás e chegar ao cole sen cara de tristura, aínda que cando en vez nos den algúns baixóns... pouco a pouco, xuntos conseguiremos estar moi, moi ben no cole!!!!Faremos un gran grupo de amiguiñ@s, xogaremos con eles, bailaremos, cantaremos, faremos obras de arte, deliciosas receitas, escoitaremos e inventaremos contos, aprenderemos un montón de cousas... puffff, temos demasiadas tarefas que facer como para poder aburrirnos!!!!!!
Moi pronto, esperamos poder ter aquí as fotos das novas aventuras no cole, e que así vexades cantas cousas facemos, o ben que o pasamos... pero xa sabedes que primeiro os papás e mamás nos teredes que asinar un papel, así que... en canto vo-lo enviemos e nos autoricedes, nos poñeremos mans á obra!!!!!
De momento, e para comezar...
10/9/10
O NOSO PRIMEIRO DÍA
Hoxe sí que comezamos tod@s o cole, e os meus 15 peques, no CEIP. Jose María Lage (Ortigueira), portáronse, moi, moi ben!!!! Teñen 3 aniños, e por iso, aínda estaremos uns días co período de adaptación. Algúns parecían coñecerme de toda a vida, pero a outros, loxicamente dáballes respeto esta nova aventura de entrar no cole de maiores!!!Esperemos que pouco a pouco os choros desaparezan, aínda que xa sabemos que son moi normais, como defensa ante unha nova situación, descoñecida para eles, que leva consigo varios cambios que de principio asustan polo seu descoñecemento... así que, están máis que xustificadas estas primeiras bágoas!!!!
2/9/10
COMEZAMOS UN NOVO CURSO 2010-2011
E con el comeza xa a actividade no blogue, neste caso repartindo o noso primeiro seliño, que adicamos a tódolos blogueir@s educativos:

E recibindo tamén os primeiros da man de AnaPorfa (AnaPorfa blog) e de Nieves (En pocas palabras).

E dende aquí envíollos aos meus novos compis de cole, para que se animen a seguir como ata agora coas súas bitácoras, e tamén a todas aquelas persoas que nos seguen, e ás que lles desexamos un bo comezo de curso.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)