Estes días recibimos máis información de Londres para poder axudar a Formi a descubrir cousiñas desa cidade, e xa temos uns cantos datos na cabeza. Un deses datos é que aos ingleses gústalles moito tomar o té. E para saber que era iso do té: ulímolo, e tamén ulimos unha infusión de menta, e púxemolo no noso mural informativo.
Así comparábamos os olores do té e da menta...
Tamén descubrimos as cores da bandeira de Londres...
Tamén descubrimos que alí hai rañaceos, que hai un río que se chama Támesis, un pazo onde vive a Raíña... e decedímonos a debuxar a Formi nesa cidade, co río, cos rañaceos, coas pontes... con todo o que imos vendo nas imaxes que nos fúchedes enviando. Mirade que que obras de arte fixemos:
20/10/10
FORMI MANDOUNOS OUTRA CARTA
Hoxe recibimos outra vez a visita do carteiro que nos trouxo novas de Formi. Esta vez contounos na súa carta que segue sen entender nin papa de inglés, e que o outro día mercou un conto moi chulo alí, en Londres, pero... levou a sorpresa de que... estaba escrito en inglés!!!! E como el non sabía lelo en inglés, pediulle a Callie, unha amiga de EE.UU, que llo lese.
E preguntounos na carta se quería que Callie no-lo contara tamén a nós, pois ela viña a España, e podía visitarnos.
E así foi... e hoxe pola tarde, Callie contounos o conto en inglés na biblioteca.
Era un conto chulísimo, e todos os peques de Educación Infantil estivemos alí ben atentos, e ata falamos en inglés, dicindo palabras do conto, tal como Callie nos dicía. E despois tamén cantamos, bailamos... e logo na clase fixémoslle un debuxiño para Callie (debuxámola moi, moi ben).Pasámolo xenial!!!

Etiquetas:
ANIMACIÓN Á LECTURA,
AS VIAXES DE FORMI,
CURSO 2010-2011,
INGLÉS
O BLOG DA NOSA BIBLIO
A biblioteca do cole ten un novo blog que poderedes visitar para enterarvos de tódalas novas referidas a esta: actividades de animación á lectura, novos libros, xogos e enlaces interesantes... non deixedes de ollalo!!!
Premede na imaxe dos RATOS DE BIBLIOTECA, as mascotas que nos guiarán polas aventuras da lectura no cole.
Premede na imaxe dos RATOS DE BIBLIOTECA, as mascotas que nos guiarán polas aventuras da lectura no cole.
19/10/10
PEQUEN@S GRANDES ARTISTAS
Hoxe comezamos a traballar de forma máis organizada nos diferentes recantos da clase, e tamén comezamos a traballar en equipos con diferentes actividades propostas nas mesas. Así... en canto uns facían colares, outros estampaban selos, outros modelaban con plastelina e outros pintaban con pincel. Hoxe descubrimos os grandes artistas que levamos dentro!!!
Mañá seguiremos con este traballo para que cada un faga o seu propio cadro.
E por suposto, continuaremos traballando para axudarlle a Formi a descubrir a cidade onde está LONDRES (que en inglés se di LONDON).

17/10/10
FONTES DE ANIMAIS
Neste enlace poderedes descargar un montón de tipos de letra relacionados coa temática dos animais, algúns dos cales podedes ver de exemplo na seguinte imaxe, picade nela e iredes directamente á páxina.
16/10/10
XOGAMOS A FACER E DESFACER FICHAS MÁXICAS
Unha actividade que fixemos este venres foi de grafomotricidade máxica, sí, sí, líchedes ben, máxica. En lugar de facer a grafomotricidade en papel, como se soe facer, temos un recanto propio onde poder traballar a grafomotricidade (alí está o encerado de tiza, por exemplo, pero tamén haberá outros materiais como por exemplo cubetas con distintos materiais, cos que traballar (area, serrín...) e as fichas máxicas, entre outros). Para utilizar estas fichas, só precisamos plastificar unhas cantas fichas propias de grafomotricidade, e uns rotuladores para encerado branco, e papel con alcohol para despois borralas. Estas fichas estarán no recanto, de xeito que cada nen@ poderá utilizalas para xogar con elas a facelas e desfacelas, só terá que repasar as liñas co rotu (coma se dunha ficha en papel se tratara) e despois borralas para poder voltar a facelas, unha e outra vez. Outro aspecto positivo deste material así disposto, é que así son os propios nen@s os que deciden que ficha queren facer, e ao mellor se atreven con trazos que nos pensabamos que non poderían facer pola súa idade, e nos sorprenden. De feito, este primeiro día, a min sorprendéronme moitísimo!!!
IDEAS CON GOMA EVA
Xa sabedes que con este material se pode facer de todo, aquí vos deixo algúns enlaces e ideas sacados da rede por se vos interesan.
Nesta páxina poderedes atopar algunhas revistas temáticas para traballar con este material, premede na imaxe e iredes directamente á páxina.
Aquí hai algúns enlaces a albumes picasa con ideas moi chulas:
Picasa de Jhaneska (especial halloween e Nadal)
Picasa de Valentina (cumpreanos infantís)
Picasa de Jesica (lembranzas e sorpresas)
Picasa de Aby
Mirade que sinxelo e que bonitas quedan as pinzas pintadas e decoradas con detalles neste material (que tamén podería ser cartolina, eh)

CINE NA BIBLIOTECA DO COLE
Hoxe pola tarde, aproveitamos e fomos a ver unha peli no EDI (encerado dixital) da biblioteca, e fomos cos compañeiros e compañeiras doutras clases.
Gustounos moito, pero... costounos estar atentos porque descubrimos que xogando coas nosas mans sobre o encerado, facemos sombras!!! Iso e que a nosa maduración non nos permite estar atentos moito tempo, fixo que non nos enterásemos da peli todo o que deberamos, pero prometemos que na próxima estaremos coas orellas e os ollos ben abertos, e a boquiña pechada.

NOVAS TAREFAS PARA OS ENCARGAD@S
Xa vos adiantaramos que pouco a pouco, os encargad@s irían acumulando máis tarefas, e hoxe estreamos unha delas, que será que terán que debuxarse a sí mesmos. Nós axudarémoslles dicíndolles as partes do corpo para que non se esquezan de ningunha. Xa veredes como moi, moi rápido os debuxos serán ben diferentes, e incluso os acompañaremos de escribir os nosos propios nomes, pero... con calma! cada cousa ao seu tempo!
AS NOSAS PRIMEIRAS OBRAS
Estes días estamos comezando a facer as nosas primeiras obras plásticas... descubrindo as posibilidades de materiais como a plastelina, coa que xa facemos boliñas e churros moi moi ben, e ata algúns se atreveron a facer ao rato Tom (do conto RATO TOM E RATA TOMASA, da Editorial OQO) .
Despois de ter escoitado a súa historia, claro.
E tamén estivemos experimentando coas ceras grosas e as pegatinas...
E por suposto coa pintura de dedos, coa que fixemos as nosas primeiras obras de arte, que están expostas no noso tendal, para que tod@s os que se achegan á nosa clase, podan gozar de velas. Mirade que chulis!!!
15/10/10
FONTES DE OUTONO
Nos coles sempre andamos a buscar distintos tipos de letra cos que facer os nosos carteis, adaptados ás temáticas a traballar, ou á estación do ano, ou a festividade na que nos atopemos... así que, aquí vos deixo o enlace para descargar uns tipos de letra que nos virán moi ben para esta época outonal, o próximo Samaín...
Premede AQUÍ iredes directamente á páxina para descargar fontes de OUTONO, ou AQUÍ para descargar fontes de HALLOWEEN.
Premede AQUÍ iredes directamente á páxina para descargar fontes de OUTONO, ou AQUÍ para descargar fontes de HALLOWEEN.
14/10/10
ESTARÁ FORMI EN LONDRES?
Segundo a información que nos vai chegando, parece que Formi está en Londres. Hoxe aproveitamos para ver detidamente os materiais que nos fúchedes enviando, e mirade con que interés o fixemos.
Iso sí, de momento, só nos quedamos con que falan en inglés, que teñen os autobuses de 2 pisos, as cabinas son vermellas, teñen unha raíña que vive nun palacio... pero pouco a pouco nos iremos quedando con máis datos, xa veredes!!!
Podedes seguir mandándonos información!!! Moitas grazas pola vosa colaboración.

13/10/10
QUE MEDOOOOO!!!
Este luns, unha meiga visitou a unha amiga nun cole de Vincios (Gondomar-Pontevedra). Teremos que ter coidado, non vaia a ser que a esta meiga lle guste tamén o noso cole e nos veña visitar. Pero... non vos preocupedes, é unha meiga boa, chámase Pituca e encántalle visitar os coles viaxando na súa vasoira.
Dende aquí a meiga mándalle saúdos aos nenos e nenas de 5 años da "clase dos Bruxiños".
Aquí estaban tocando a unha meiga por primeira vez, que emoción!!!!
E estes son os debuxos que fixeron de Pituca... gústanvos?

10/10/10
AS NOSAS EMOCIÓNS
Moitas veces traballaremos coas emocións, e falaremos sobre elas... cando estamos tristes e por que nos poñemos así... cando nos poñemos contentos... miraremos de buscar as emocións en cousas da vida cotiá (en revistas, xornais, obras pictóricas...) en todas partes hai emocións.
De momento, conformámonos con saber que existen diferencias nos estados de ánimo segundo cada momento, e por uns motivos determinados... pouco a pouco afondaremos máis no tema.
De momento, conformámonos con saber que existen diferencias nos estados de ánimo segundo cada momento, e por uns motivos determinados... pouco a pouco afondaremos máis no tema.
PEQUENOS SEGREDOS
Na escola traballamos moito con cancións, porque son un recurso que aos nen@s lles encanta e funciona moi, moi ben.
Son moitas as que imos utilizar ao longo do curso, pero iremos ensinándovolas, pouquiño a pouco.
Hoxe ímosvos ensinar unha, da que algún papá/mamá xa me preguntou... nós utilizamos un pequeno truco para cando nalgunha actividade se monta certo barullo... o truco consiste en comezar a cantar esta canción:
Aos nen@s gústalles moito esta canción, e soe funcionar, así que... podedes probar tamén nas vosas casas, cando teñades moito barullo.
Mirade senón este exemplo:
Son moitas as que imos utilizar ao longo do curso, pero iremos ensinándovolas, pouquiño a pouco.
Hoxe ímosvos ensinar unha, da que algún papá/mamá xa me preguntou... nós utilizamos un pequeno truco para cando nalgunha actividade se monta certo barullo... o truco consiste en comezar a cantar esta canción:
La lechuza...
la lechuza...
hace pssssshhhhhh
hace pssssshhhhhh
todos calladitos
como la lechuza
que hace pssssssshhhhh
que hace psssssshhhh
que hace psssssshhhh...
(pouco a pouco imos baixando o volume, ata que... como por arte de maxia, se fai o silencio).Aos nen@s gústalles moito esta canción, e soe funcionar, así que... podedes probar tamén nas vosas casas, cando teñades moito barullo.
Mirade senón este exemplo:
AS MERENDAS NO COLE
Lembrámosvos por aquí o noso calendario de merendas:
Ademais, aproveitamos para ensinarvos un dos nosos momentos de merenda no cole. Como podedes ver, facémolo con música de fondo, unha música relaxante. Algúns aproveitan a charlar en canto merendan, outros a escoitar a música, outros ata acompañan a música co seu corpo... pero en realidade, todos están gozando do momento da merenda.
Logo cando rematan de merendar, recollen as súas cousas (botella de auga, fiambreiras...) para a mochila, colocan a cadeira no seu sitio, limpan a mesa... e listo!!!! despois poñen a súa foto no panel dos Campe@ns, e xa están listos para subir ao tren e logo saír ao patio.

7/10/10
UNHA CARTA SORPRESA
Hoxe, a primeira hora da mañá recibimos unha visita moir especial , era o carteiro que nos traía unha carta de Formi (a formiga viaxeira).
E os encargad@s do día foron os que a abriron para ver que información traía...
Ao parecer Formi está perdida nunha cidade, na que falan un idioma moi raro (e claro ela non se entera de nada) e na que nos pide axuda para que lle axudemos a saber onde está e cousas dese lugar. Para iso, enviounos unhas fotos que fixo, e a ver se entre todos (familias aquí precisamos a vosa axuda) conseguimos saber onde está... logo mandarémoslle unha carta con toda a información e de paso pescudaremos moitísimo... convertirémonos en auténticos detectives!!!!
Mirade as fotos que nos enviou. Alguén sabe de que cidade se trata? Por favor enviádenos calquera tipo de información para poder axudar a Formi (libros, información impresa, páxinas de internet, postais, moedas propias... calquera cousa que teña que ver co tema seguro que nos valerá para montar o noso RECANTO DE INFORMACIÓN).
Moitísimas grazas pola vosa axuda!!!!
NOTA: Deixamos no lateral esquerdo un logotipo do noso proxecto, este no que a través das viaxes que irá facendo Formi coñeceremos un montón de cousas de xegrafía, culturas, idiomas... Picando nel poderedes acceder a toda a información que teñamos ao respecto do proxecto.

6/10/10
AS PROFES TAMÉN CUMPREN ANOS?
Pois sí, aínda que moitos non o crían... esa é a realidade, @s profes tamén cumpren anos, e hoxe tocoulle á nosa profe (Bea). Así que... tamén lle tocou de traer un rico biscoito (de laranxa) e facer a súa coroa... Mirade como o festexamos!!!
Non preguntedes os anos, por favor... á vista está!!! jejeje.
Moitas grazas aos meus peques por cantarme tan tan ben o cumpreanos feliz. Un bico!!!!
Non preguntedes os anos, por favor... á vista está!!! jejeje.
Moitas grazas aos meus peques por cantarme tan tan ben o cumpreanos feliz. Un bico!!!!
O CLUB DO MANDILÓN
Tendo en conta que unha das cousas que máis nos interesan agora neste primeiro trimestre é que os nenos e nenas acaden certa autonomía á hora de vestirse e desvertirse, colgar as súas pertenzas...decidimos crear o "CLUB DO MANDILÓN" de xeito que temos un panel que pouco a pouco se irá enchendo de socios do club, que serán os que xa sexan autónomos para poñer e sacar sós o seu mandilón.
ALGUNHAS COUSIÑAS
Ímosvos ir contando algunhas das cousiñas que imos facendo na asemblea, a primeira hora da mañá.
Cada día temos dous encargad@s, co que conseguimos así aprender a compartir tarefas.
Cada día, os nen@s aos que lles toca ser encargad@s poñen as súas fotos no panel, para que tod@s saiban quen son ese día.
Algunhas das funcións dos encargados son dirixir a orquestra para cantar os días da semana, contar cantos estamos no cole, mirar se faltou alguén, comprobar o tempo que vai, reflictir o día no que estamos e o mes, e máis a estación do ano...
tamén buscar o noso nome no libro dos nomes...
Pouco a pouco irán xurdindo máis e máis cousiñas, á vez que nós imos tamén medrando e sendo cada vez máis autónomos.
2/10/10
SESIÓN INFORMATIVA
Nela responderemos ás vosas dúbidas, e explicarémosvos un pouquiño a nosa metodoloxía de traballo durante o curso. Non faltedes!!!!
1/10/10
PARABÉNS AINARA!!!!!
Hoxe festexamos o primeiro cumpreanos do curso na nosa clase, o de Ainara, que xa ten 3 anos!!!!
Trouxo un rico biscoito que comemos con moito gusto, pero... non sen antes cantarlle a merecida canción cumpreañeira:
Trouxo un rico biscoito que comemos con moito gusto, pero... non sen antes cantarlle a merecida canción cumpreañeira:
PÍO, PÍO
Hoxe comezamos a falar na asemblea con axuda dunha mascota que se chama Pío, Pío. Para respetar a quenda de palabra e non falar todos á vez, só poderá falar aquel neno ou nena que teña a Pío, Pío e os demais estaremos ben atentos ao que di. Así, non será moi difícil que pouco a pouco aprendamos a escoitar aos demais e a ser pacientes esperando o noso momento para falar tamén de cara aos demais.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)