Os nosos compañeir@s de Andalucía fixeron as nosas tarefas propostas no blog do Benclalu, mirádeo picando aquí!!! acertaron a solución ás adiviñas que lles propuxemos da Semana do Samaín, e tamén se atreveron a grabar o quebralinguas que nós estamos a practicar, do Magosto. Mañá poñeremos nós o noso vídeo facendo o quebralinguas, pero primeiro imos practicar un pouquiño. Estade atent@s ós dous blogs, vale?
E xa sabedes, as respostas ás adiviñas, tal como dixeron os nosos compis da EEI San Jose de la Montaña, son... "BRUJA" Y "ESCOBA".
¿ Quen se atreve a enviarnos os debuxos das respostas a estas adiviñas? Con elas faremos un libro resumo de todo este proxecto de recursos que levaremos a cabo ó longo de todo o curso.
Só tendes que facer o debuxo (podedes ser papás, mamás, tíos, tías, avós, avoas, profes... e por suposto nenos e nenas). Facédeo, escaneádeo e mandádenolo ó noso correo (clasedebea@hotmail.com).
Se non tedes posibilidade de escanealo, podedes traelos ó cole, e senón, pois ata mandarnos unha carta.
CRA.MARÍA ZAMBRANO
AULA DE COUSO 3- 4 ANOS
36770 O ROSAL (PONTEVEDRA)
Esperamos as vosas aportacións!!!
5/11/09
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario