BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

5/2/10

CAMBIOS NA BIBLIOTECA

Coma sempre, a medida que imos avanzando nas nosas aprendizaxes e coñecementos das normas da aula, funcionamento dos distintos recursos, etc. imos facendo máis e máis cambios que requiren uns coñecementos máis complexos. Aínda que os imos facendo paseniñamente para non ter cambios bruscos nas rutinas da aula.



Hoxe o que fixemos foi comezar a codificar os libros da biblioteca, pois dende principios de ano imos recollendo nun rexistro que libro leva cada un o venres, pero, os maiores que somos os que escribimos sós os títulos (pois os dos pequen@s os escribe a profe) ás veces non sabemos copiar algunhas letras (pois ó mellor os títulos están en minúscula, cursiva, etc) así que, puxémoslle os títulos en carteliños con letras maiúsculas (para que o podamos facer de forma sinxela) e ademais lles puxemos un número.
É por iso que hoxe no cartafol do préstamo de biblioteca se levan unha nova ficha, moi parecida a anterior, pero na que se inclúe o apartado COR (onde dentro do rectángulo terán que colorear da cor do equipo do libro: verde, amarelo, azul ou laranxa, segundo corresponda), e o apartado NÚMERO (onde terán que escribir o número do libro, que aparece antes do título).
Insistimos en que os debuxos e letras desta ficha de préstamo de biblioteca as temos que debuxar nós, non os adultos, é mellor un garabato noso que un debuxo dun adulto, pois... para que serve un debuxo adulto no noso cartafol de fichas?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
poemas de amor