Xa sabedes que no cole imos ir disfrazados de personaxes de contos, e nós imos de "Brancaneves e os 20 ananiños". Pero non só nos vestiremos para o día do desfile e xa, senón que imos traballar o conto, creando o noso propio, facendo fichas de grafomotricidade, lóxica, lectoescritura... relacionadas co conto, veremos vídeos... todo de xeito que aprendamos os contidos previstos na programación de aula, e acadándoos a través do fío condutor do conto dos ananiños.
Hoxe vimos os dous vídeos que xa puxeramos hai uns días no blog e na páxina web do cole, e estivemos facendo memoria de como se chamaban os ananiños (sabio, feliz, mocoso, dormilón, tímido, gruñón...) e despois traballamos con fichas coas personaxes.
Os maiores fixemos un crucigrama das personaxes, e logo fixemos unha ficha da madrastra, escribindo palabras... e os pequenos fixemos unha ficha dos ananiños con cadrados e círculos.
2/2/10
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
...y mudito¡¡¡¡¡que era el que más me gustaba a mi.....que guapos y guapas vais a estar, queremos foto eh? muchos besinos
ResponderEliminarnieves y los peques