Hoxe fixemos grafomotricidade, lóxica e lectoescritura cunhas fichas das personaxes do noso conto, e ademais, estamos facendo un mural do noso conto, co que faremos unha sorpresa, así que... non vo-lo podemos dicir.Mirade un exemplo do que fixemos...
E, por certo, xa sabemos arquivar as fichas coma os maiores, e xa temos os arquivadores gardados no mesmo sitio que eles, e cunha fotiño no lomo para poder recoñecer as nosas fichas. Agora xa imos cada día metendo as nosas fichas no seu sitio, poñendo a última enriba, e así, logo, xa temos todo listo para facer as encadernacións a final de trimestre. Que vos parece?
3/2/10
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario