Lembrádesvos de que o outro día, cando fomos á Praia de Area Grande, trouxemos algúns tesouros que íamos atopando? Pois hoxe, con eles, fixemos unha praia propia, no noso patio, unha praia de tesouros.
Ademais, cando íamos sacando os tesouros da bolsa laranxa na que os trouxemos, íamos falando de que era cada cousa, como era... e o que máis nos sorprendeu foi ver unha cousa (que parecía un símbolo de Batman) e que é onde se gardan os ovos das xibas. Aínda que tamén había plumas (de gaivota), cunchas (de mexillóns, de lapas, de cangrexos hermitaños), pedras, paus...
Mirade como quedou a cousa!!!!
4/5/10
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario