BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

14/5/10

SEGUIMOS INVESTIGANDO COUSIÑAS DO MAR...

Onte Carlota trouxo un libro de pegatinas do mar, e moi gustosamente no-lo ensinou. Nel vimos que hai moitos tipos de tiburóns (branco, martelo, pintaroja...) e tamén vimos langostas, cangrexos (hermitaños...), diferentes tipos de cunchas... cabaliños de mar... (coma os que nos trouxo tamén Kevin) Que cantidade de tesouros agocha o mar!!!! verdade?
Nós con tantas cousas que estamos aprendendo, imos completando o noso dossier, no que imos plasmando algunhas das cousas que aprendemos cada día, por exemplo... como podedes ver, xa coñecemos as distintas partes dos cabaliños de mar... e que son peixes!!! non cabalos!!! só que se lles chama así porque a súa cabeza é parecida a dos cabalos. Pero estes teñen aletas para poder nadar (como as tartarugas de mar, que teñen aletas e non patas, senón... credes que poderían nadar?)
Tamén aproveitamos para ver na clase dos maiores, no EDI, a peli de "Espantatiburones" (aquí vos deixamos un anaquiño, sacado da rede)

(E nela aprendimos, por exemplo, que hai un peixe moi, moi curiosos, o peixe globo). Mirade como son:
Aquí tedes máis información sobre o "peixe globo" (tamén chamado "puerco espín de mar" ou "avestruz de mar"):
E mirade como o noso recanto se vai enchendo cada vez máis, e... a próxima semana, prometemos sorpresas nel!!!

2 comentarios:

  1. Hola Bea, vaya proyecto mas bonito que estais trabajando. El rincón del mar esta quedando precioso. Todo esta estupendo. Seguro que el resultado final quedara una pasada.
    Saludos.
    Maria.

    ResponderEliminar
  2. Hola Bea, estupendo proyecto.Pásate por cole de colores a recoger un premio.BSOS

    ResponderEliminar

 
poemas de amor