BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

8/6/10

LIBRIÑOS DOS TRANSPORTES

Hoxe, que só estabamos 13 nen@s na clase, aproveitamos moi, moi ben o tempo, e xa moitos temos montados os nosos libriños dos transportes. Neles, metemos as fichiñas coas que traballamos neste tema, e de portada puxémoslle un debuxo no que cada un fixo os medios de transporte que prefería (algúns fixemos coches, outros autobuses e camións de bombeiros, outros submarinos e helicópteros...) e as personalizamos co noso nome.Tamén aproveitamos para analizar ben que cousas ten cada medio de transporte: cales teñen rodas, cales teñen alas, cales flotan, cales voan... e para iso, fixabamonos nos carteliños que temos colgados na nosa clase, e que aquí vos deixamos por se os queredes utilizar.
Tamén vos deixamos algunhas ideas para facer na casa, sacadas da rede:


2 comentarios:

  1. QUEDÁRONVOS SUPERCHULOS!!!!
    UNHA PREGUNTIÑA,...OS GOMETS QUE PUXÉCHEDES SON MERAMENTE ORNAMENTAIS OU SON PARA TAPAR GRAMPAS, ENCUADERNADORES,....
    Un saúdo dende a Nosaclase

    ResponderEliminar
  2. Ola Raquel!!!
    Os gomets son para tapar as grampas, que ademais son das que se retorcen para tódolos xeitos e quedan fatal!!!
    Chao

    ResponderEliminar

 
poemas de amor