É necesario que dende ben pequen@s vaiamos sendo quen de controlar os nosos comportamentos, sabendo que cousas están ben e cales están mal e porque.
Estes primeiros días, de toma de contacto uns con outros, adicámonos basicamente a xogar, a coñecer as dependencias do cole, a aprender as rutinas da escola, a coñecernos... e xa comezaron algúns pequenos problemiñas da vida cotiá (a dura vida no patio, as pelexas por un xoguete, a necesidade de comprender que os xoguetes son de todos para compartir e non dun mesmo...) pero con todo isto aprendemos a convivir cada día, solucionando os pequenos problemiñas do día a día, cada vez de xeito máis autónomo.
Outras cousas de grande importancia estes días son os hábitos de autonomía: colgar as pertenzas, poñer o mandilón, ir ao baño, coller o papel para sonarnos... cousas que cada vez faremos sen necesidade que ninguén nos teña que dicir de facelas, pois pouco a pouco se creará o hábito, e seremos quen de facelas sen axuda.
Para comprobar como nos portamos, temos un SEMÁFORO DE COMPORTAMENTO, no cal temos as nosas fotos. Se nos portamos ben, as nosas cariñas estarán no círculo verde, se nos portamos regular no amarelo, e se nos portamos moi mal no vermello. Así, iremos sendo quen de darnos conta dos nosos actos, falaremos sobre eles, e nós mesmos seremos os que teremos que poñer a pinciña no lugar correspondente.
Hoxe foi o noso primeiro día de usar o semáforo, e por sorte... de momento todos estamos na cara sorrinte (é que ningún quere ter a cara triste, por que será?)
30/9/10
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Bea, tienes un sellito en mi blog para vosotros. Bikos.
ResponderEliminarjejeje yo tamén tengo el semáforo. qué guapos peques tienes ¡¡¡¡¡
ResponderEliminarBesines de Oviedo