BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

20/11/10

QUE SERÁ DEBULLAR?

Dende o equipo de Normalización Lingüística propuxeron unha serie de actividades para todo o cole, entre as que está dar definicións a palabra. Dicir que cremos que é...
Neste caso a palabra era DEBULLAR, e nós que xa falaramos outro día sobre que cousas podía sginificar debullar, decidimos facer o noso libriño para o TABOLEIRO DO GALEGO que hai na entrada do cole, e na que tódolos cursos irán poñendo o seu graniño de area.
Nós, aportamos os debuxos das cousiñas que cremos que podería ser esta palabra tan rara, será ou non algo do que nós pensamos?

- SERÁ UN TIBURÓN?
- SERÁ UN LOBO?
- SERÁ UNHA MOSCA?
- SERÁ DEBUXAR?
- SERÁ UN RINOCERONTE?
- SERÁ UN CARACOL?
- SERÁ UN CANGREXO?

Así que... nada máis rematar fomos a levar o libriño ao taboleiro para que todo o mundo o vexa, e... a ver cando saberemos o que é debullar!!! será algo do que nós pensamos?

E aquí o vedes xa colocadiño co resto de aportacións que hai polo momento no taboleiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
poemas de amor