BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

20/12/10

ELEXIMOS O NOSO CONTO VOTANDO

Hoxe, como fixemos noutra ocasión, escollimos que conto ler facendo unha pequena votación. Se a outra vez votamos pegando un gomet nun panel... hoxe fixémolo escribindo o noso nome no folio que había debaixo do conto que queriamos, e que tiñan posto o número 1 e número 2 respectivamente. Así, de paso... nos familiarizamos con estes números.
Ao fin, podedes ver que tra-lo reconto, quedamos 6 a 4 a favor do conto número 1, e ese foi o que contamos. Gustounos moito, e estivemos moi, moi atent@s!!!!

 
Con esta actividade, ademais de traballar a animación á lectura... traballamos a escritura, a numeración, o respeto pola quenda, aprendemos a expresar os nosos propios criterios, oralmente amosamos as nosas preferencias dando unha explicación... en definitiva traballamos globalmente un montón de aspectos, que pouco a pouco nos fan máis autónomos nas nosas actividades cotiás dentro do cole, e fóra del.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
poemas de amor