Estes días, como xa sabedes, estamos axudándolle a Formi a investigar cousiñas sobre os castelos, e grazas ás vosas informacións sabemos un montón de cousas, e... debuxamos os nosos propios castelos, aprendemos algunhas das partes dos castelos, sabemos que hai castelos en distintas partes do mundo e algúns moi pretiño de aquí... sabemos quen vive neles...
Outra das cousas que faremos será converter a nosa clase nun auténtico castelo, para iso teremos que facer un escudo, as almenas, a porta, a ponte levadiza, a torre do homenaxe...
E xa para aproveitar, e ver un castelo de verdade, iremos de excursión ao CASTELO DE MOECHE, o próximo XOVES 3 DE FEBREIRO.
- Sairemos sobre as 10:30 da mañá, voltando ao cole para a hora do xantar.
- Os nenos e nenas deberán traer de merenda auga e galletas.
- A saída é gratuíta, só será necesaria a vosa autorización asinada (data límite o 2 de febreiro).
27/1/11
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario