BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

18/1/11

PUFFFF... POR ONDE EMPEZAMOS?

Despois desta primeira semana sen poder actualizar, agora non sei por onde comezar!!! será mellor que o faga dende o principio, non? Pero farei só un breve resumo:
Pois a ver... o primeiro día, da volta ao cole, estivemos falando (como era de supoñer) das cousiñas que nos trouxeron os Reis, Papa Noel... e con moito interese, tod@s escoitaban aos compañeir@s, e logo debuxamos o que nos trouxeran para poñelo na NOSA AXENDA!!!! Xa veredes o chula que é!!!!
E tamén aproveitamos para retomar o noso libriño da EVOLUCIÓN DO NOSO NOME, no que facemos o nome en distintas datas, para ir recollendo como avanza a nosa escritura ao longo do tempo.

Tamén fixemos uns preciosísimos cadros con témpera e pinceis para decorar a nosa aula!!!!

Tamén, nestes días, tivemos sorpresas, como que recibimos o libro viaxeiro dos nosos amiguiños de Oviedo, e traía uns preciosos pareados que fixeron cos nosos nomes.
Agora tocaranos a nós facerlles algo chuli, chuli!!!!

 
Pero ademais, mandáronnos de agasaio o libro dos "Tres Porquiños" en alemán!!!! e claro, a profe non sabe lelo... así que... pedímoslle á mamá de Noah se podía vir a contárnolo, e seguro que un día destes saberemos como se le o libro neste idioma!!!!


3 comentarios:

  1. Hola chic@s, hola Bea,esperamos que las rimas que os hemos hecho os hayan gustado, nosostros nos lo pasamos muy bien componiendo....sabemos que os ha llegado el libro y que la profe ha tenido algun problemilla técnico, pero lo importante es que os lo hayais pasado bien con los pareados. Os mandamos moitos biquinos.
    Nieves y peques

    ResponderEliminar
  2. ¿Y el pareado de Bea
    que es la que les enseña
    a reunirse en asamblea
    y a leer en la biblioteca?
    AbraZin

    ResponderEliminar
  3. la mi Bea quiso escribir,
    pero solo le salia Beatriz,
    asi que puso una rima
    que de rima no tenía
    ni una sola sílaba.
    jejejejej
    besin

    ResponderEliminar

 
poemas de amor