Fomos todos ben ataviados coas nosas coroas e os nosos escudos (cada clase fixo o seu propio) e conquistamos o CASTELO DE MOECHE!!!!
Nada máis o vimos dende o bus xa se escoitaba falar de dragóns, de princesas, de cabaleiros... mirade o ben que o pasamos alí.
E en canto chegamos á entrada do castelo estaban esperándonos tres guías, así que... repartímonos en tres grupos por idades e fomos entrando no castelo, non sen antes ver o foxo, no que... habería crocodrilos?????? por sorte, non había ningún, senón... máis de un seguro que tentaba achegarse a el.
No hay comentarios:
Publicar un comentario