E despois desta grande excursión a Marcelle, ao chegar ao cole tocou facer reconto do que viramos e dicir cales foran os nosos animais favoritos, pero para facelo, ademais de falar sobre o tema na asemblea, e facer un debuxo do noso animal favorito tamén o plasmamos nun mural, utilizamos gomets a modo de lenda, e finalmente fixemos o reconto traballando así un pouquiño os números, vaia, as matemáticas!!!
E así foi como quedou o noso reconto, gañando por 7 votos a familia de osos.
E así foi como o fixemos: escribindo o noso nome, decidindo e debuxando o noso animal favorito, entendendo a lenda dos gomets de cores e contando.
15/5/11
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Bonito mural. Seguro que o pasaron moi ben na excursión a Marcelle. Os animais sempre lles gustan moito aos rapaces e rapazas. Un saúdo.
ResponderEliminar