Como funcionaba? Moi sinxelo! O que tiña a caixiña (que a agarraba con moitísimo coidado, pois era máxica) comezaba a crear un conto, e a caixa íase pasando aos compañeir@s dándolles así a súa quenda. Finalmente, entre todos construimos unha historia.
Esta vez foi a historia dun paxaro, que resultou ser finalmente un paporroibo que collía cartos pola rúa, os gardaba nun peto... e non sei cantas cousas máis. Cando o teñamos montado, xa vo-lo ensinamos.
Por certo... alguén se decatou que ao finalizar a historia a caixa xa non tiña ninguna estrela? jeje. Cada un se ía quedando con unha, debía de ser para quedarse co seu poder máxico!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario