BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

27/10/11

AS ESTRELAS E AS CONSTELACIÓNS

Hoxe estivemos falando longo e tendido sobre as estrelas, e como non, sempre facendo fincapé nalgo que xa sabiamos de días anteriores: "O Sol é unha estrela".
Despois de ver diferentes tipos de estrelas nos libros, démonos conta de que hai moitos xeitos de debuxar estrelas, e tamén de facelas con outros materiais, así que... puxémonos a traballar e convertémonos en "Debuxantes e escultores de estrelas".

E como podedes ver... non hai dúas iguais!!!!

Tamén falamos sobre as constelacións, que son agrupacións de estrelas que forman figuras. Hai moitísimas, pero nós falamos das máis coñecidas, de momento, pois aparecían nun dos libros que temos para investigar. Vimos como era Orion, a Osa Maior, o Carro, o Dragón...


E vimos como cada estrela ten un nome. E hai un montón!!!!
Seguiremos investigando e a ver con que nos atopamos.

5 comentarios:

  1. Canto saben estes peques de estrelas!

    ResponderEliminar
  2. E máis que saberán!!!! porque estamos buscando libros e cousiñas sobre o sistema solar, e cada libro trae informacións diferentes que nos farán aprender moitísimas cousas!!!!

    ResponderEliminar
  3. Boas profe,
    igual te sirven:

    http://actividadeslim.blogspot.com/2009/04/traballamos-coas-constelacions-do.html

    http://actividadeslim.blogspot.com/2009/04/constelacions-do-zodiaco-2-entrega.html

    http://actividadeslim.blogspot.com/2009/04/os-planetas.html

    http://actividadeslim.blogspot.com/2010/01/kenkeoke-infantil.html

    bicos

    ResponderEliminar
  4. Que ben lles sairon as estrelas! Cando estaba de apoio en infantil a miña compañeira e máis eu fixemos un proxecto sobre as estrelas, a lúa e as constelacións dous libros lim. Si queres velos, a dirección é http://espazostelar.blogspot.com/. Un biquiño.

    ResponderEliminar
  5. Sodes uns artistazos!. Unhas estrelas chulísimas!

    ResponderEliminar

 
poemas de amor