Hoxe non o podían crer cando lles dixen aos peques que estaba de cumpreanos, e iso que xa sabían de antemán que a min me tocaba de festexalo este mes con Ainara, que tamén naceu en outubro.
Pero se xa é foi un acontecemento o feito en sí de que "a profe tamén teña cumpreanos", imaxinádevos as súas caras cando debuxei unha tarta no encerado, escribín o 31 enriba e lles pedín que me axudaran a contar ata 31 para debuxar tódalas velas que tiña que soprar.
Máis de un me retou e dixo que eu non sería capaz de soprar tantas velas!!! jajaja.
Como non, o meu cumpreanos festexarémolo o último luns de mes con todos os nen@s que cumpren este mes (por certo, que somos 10 en total) así que... amosareilles que son capaz de soprar 31 velas!!! irei practicando nestes días, jejeje.
6/10/11
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Moitas felicidades!
ResponderEliminarFelicidades Bea!
ResponderEliminarQue cumpras moitoooossss máis!
Bicos.
Moitas grazassssssssss!!!!
ResponderEliminar