Xa vos contamos como nos estamos iniciando á suma na asemblea (contando cantos nenos hay, cantas nenas, sumando a todos...) hoxe ademais, despois de escribir os números, ocorreusenos que para aproveitar un panel de números (que fora dun xogo do curso pasado)imos marcar cun debuxo dunha casa e outro dun castelo(que representa o noso cole "máxico", tal como facemos no panel de pasar lista)o número correspondente aos nenos e nenas que viñeron, e aos que faltaron.
Hoxe como era María a encargada, pois a súa parella non veu (que era Ainara) foi ela a encargada de facer os mini debuxos, da casa e do castelo, que nos servirán para utilizar nese panel.
¿Que vos parece a idea?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Se a primeira idea foi boa, a segunda e tan boa ou mellor. Boa idea para ter en conta na clase de 4 e 5 anos. Moitas grazas por mostrala. Bicos.
ResponderEliminar