Como sabedes, na HORA DE LER, en Educación Infantil, no noso cole, imos traballar ao longo da semana de diferentes formas. Trátase de asegurar un mínimo diario de 20-25 minutos de lectura, e nós distribuimolos diariamente a distintas formas de ler e achegarnos á lectura. Así, haberá días nos que faremos lectura libre na nosa biblioteca de aula (libros informativos, contos, revistas...), outro día faremos lectura por parellas, outro día virá algún familiar dos peques a contar un conto... e os luns teremos PEQUECONTACONTOS!!!!
Que isto que e? Pois son os propios peques os que contan contos aos compañeiros.
Hoxe comezamos con Ainara e Luís, que previamente, o venres, levaron á casa un carné e unha nota informativa da actividade. Consiste en que na fin de semana, cando lle toque de levar o carné, a súa familia lle axude a preparar un conto para contarlle aos compis. Pode ser un conto da biblioteca, un conto da casa... ou mellor aínda, o seu conto favorito!!!!!
No momento de ler, poñeremoslle os colgantes contacontos que os identifican, e xun pouquiño de purpurina e un gorros ben grandes, xa estarán listos para contar as súas historias como verdadeir@s profesionais.
Como podedes ver, Ainara e Luís fixérono, moi, moi ben!!!
Ainara contounos o conto de Carapuchiña Vermella, sen traer o conto nin nada, de vida voz, e todos quedamos pasmad@s mirando para ela!!!
Despois Luís contou o seu de Pocoyó, pero como trouxera dous da súa casa para contarnos, no segundo Ainara foi a súa axudante. Era un libro de animais, do que Luís sabía perfectamente a historia!!!
Un aplauso para eles!!!
7/11/11
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Se les ve geniales....Me Encantan
ResponderEliminarEncántame velos! Seguro que os seus compañeiros e compañeiras disfrutaron un montón dos contos. Un biquiño.
ResponderEliminarHola Bea!! Les ha quedado genial la medalla!! Y me encanta el toque de gorrito y purpurina. Seguro que todos querían ser el Pequecontacontos!!
ResponderEliminarSaludos desde mi grimorio!
Que ben e de que forma máis divertida traballas a lectura!. Chámame a atención o de que preparen o conto na casa, así implicas ás familias e seguro que lles encanta. Bicos.
ResponderEliminar