Asi que...a profe debuxou (como puido, jeje) os personaxes, e logo fixemos unha votación. Gañou o pirata, así que, entre todos inventamos unha adiviña con ese personaxe.
Outro día, despois de facer o pictograma da adiviña, vestímonos de piratas (cuns panos que tiñamos no recanto dos disfraces, pintámonos uns parches nos ollos...) e ata fixemos os nosos propios loros.
Así, quedaron as nosas adiviñas, que convertemos en pictogramas.
Despois, fomos ás outras clases a representar a nosa adiviña, e... todos acertaron!!! mirade que ben o fixemos!!! Neste video estabamos ensaiando...
No hay comentarios:
Publicar un comentario