Na clase dispoñemos dun material, feito pola profe, dende principio de curso. É un dicionario de imaxes. Nel escribimos o nome de palabras que están debuxadas, escribimos o nome dos debuxos... pensamos que máis palabras poderían ir na páxina dunha determinada letra e inserimólas nela... Para facer isto, ás veces debuxamos, ás veces buscamos en revistas e recortamos e pegamos cousas, e tamén ás veces, poñemos pegatinas. Así, é como estamos convertendo o noso dicionario nun auténtico album de cromos.
Con eles, temos que ir mirando a que páxina pertencen, para despois pegalos no seu sitio correcatamente, como se escribirá o seu nome...
Mirade:
Este traballo imos facéndoo en pequenos grupos, e así ímonos axudando uns aos outros, unha vez que coñecemos a dinámica.
Gustouvos a nosa idea?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario