Esqueceusenos contarvos que, a nosa biblioteca de aula, cando a utilizamos como un recanto (non para a Hora de Ler conxunta nin para unha animación, etc) funciona cun carné lector, ademais do que temos para os recunchos. Así, cada un dos 4 (que como máximo poderían estar nese recanto) tería que buscar o seu carné, colgalo nun dos 4 colgantes que temos, e poñelo.
Así, como só hai 4, e todos os lectores dese recanto o terían que ter, xa eles mesmos saben cando poden e cando non ir alí.
Ademais, para coller os libros, como é lectura rápida (non é empréstito para a casa) terán que utilizar os seus marcadores. Así, cando collan un libro deixan o marcador no seu sitio e non se esquecen logo de onde teñen que colocalo. Cando rematen no recanto volven poñer os marcadores no seu sitio.
Mirade como fixeron hoxe os dous nenos que quixeron ir ao "Xardín dos Contos".
Puxeron o carné lector co colgante e sentáronse nos coxíns de lectura.
Puxeron o seu marcador no sitio onde colleran o libro.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario