Estas semanas tiñamos unha sorpresa, por iso estabamos tan caladiños. O caso é que o equipo da biblioteca do cole organizou un concurso de "bibliotecas de aula", e, como non, puxémonos mans á obra para cambiar a nosa, que se lembrades... era así:
Agora, despois de moitos traballos para: catalogar os libros, facer as distribucións por temáticas, facer unha "enfermería para libros", decorar ao "MOUCHO CUENTÍN" (a nosa mascota, facer as normas da biblio... a nosa biblio quedou así de chuli:
- Distribuimos os libros por temáticas, analizando cales eran os clásicos, cales eran revistas...
- Fixemos carteliños cos nomes cos que iamos distribuir os nosos fondos.
- Fixemos as normas da nosa biblioteca.
- Fixemos unha "enfermería de libros", pois así, cada vez que algún se desgrape, ou rompa (SEN QUERER, claro) pois poñémolo aslí e a profe xa o amaña.
- Fixemos os nosos "CARNÉS LECTORES"
- Aquí montamos un pequeno espazo, onde están os nosos marcadores, os carnés, e tamén as medallas de contacontos, que lle damos a todos os nenos e nenas maiores que veñen a contarnos contos.
- Así ía quedando o noso panel cos distintos tipos de fondos que temos.
E, finalmente, así quedou o noso "XARDÍN DOS CONTOS".
Gústavos?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Hola, es una organización genial y me ha dado muchas ideas. Gracias por compartirlo con nosotros. Un saludo desde "la clase de Miren"
ResponderEliminar¡Menudo trabajo habéis hecho!! ha quedado estupenda y muy bonita. Ahora a usarla sin parar. Felicidades desde aula de infantil.
ResponderEliminarOs ha quedado preciosa!! enhorabuena por tanto trabajo!! un saludo,
ResponderEliminarLorena (recursosycositas.blogspot.com).
Levo tanto querendo preguntarcho e un día por outro... Como fixeches as letras que empregastes para os letreiros (e que levades empregando xa tempo para outras actividades)...tes perforadores coas formas de todas ou fixéchelas á man? encántanme e parécenme súper útiles para todo pero...facer unha a unha...menudo traballo!? :)
ResponderEliminarLorena:
ResponderEliminarJaja... se foran a man levaría un premio!!!
Son feitas cunha troqueladora!!!