BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

10/6/10

COMEZAN A CHEGAR OS PAQUETIÑOS Ó SEU DESTINO

Ah!!! e vexo que Isa controla de ganchillo (vedes como imos sacando máis cousiñas de cada unha de nós) jejeje.
Que chuli!!!! E que orixinal esa carteira feita cun tetrabrick!!!!

8/6/10

A CANTARRRRRRR!


LIBRIÑOS DOS TRANSPORTES

Hoxe, que só estabamos 13 nen@s na clase, aproveitamos moi, moi ben o tempo, e xa moitos temos montados os nosos libriños dos transportes. Neles, metemos as fichiñas coas que traballamos neste tema, e de portada puxémoslle un debuxo no que cada un fixo os medios de transporte que prefería (algúns fixemos coches, outros autobuses e camións de bombeiros, outros submarinos e helicópteros...) e as personalizamos co noso nome.Tamén aproveitamos para analizar ben que cousas ten cada medio de transporte: cales teñen rodas, cales teñen alas, cales flotan, cales voan... e para iso, fixabamonos nos carteliños que temos colgados na nosa clase, e que aquí vos deixamos por se os queredes utilizar.
Tamén vos deixamos algunhas ideas para facer na casa, sacadas da rede:


7/6/10

MANUALIDADES CON NEN@S

Aquí vos deixamos algúns enlaces a páxinas para facer manualidades con nen@s, coma sempre quedarán enlazadas tamén na barra lateral para un acceso máis rápido a elas. Esperamos que vos servan!!!



MARLOVE NOS ENVÍA...


Marlove, do blogue Secretos, e dende Arxentina, comparte con nós este premio, que por suposto, lucimos encantados. Moitas grazas por envianoslo e... xa sabedes que nós compartimos os nosos premios con todos os lectores e seguidor@s do noso, así que... compartideo nas vosas bitácoras.

6/6/10

PARTICIPANTES: ATENT@S Ó CORREO!!!

Estou poñendo en orde o resultado do sorteo e... en breve saberedes de quen vos toca ser AS (amiga secreta). Mandareivos un documento coas direccións, cores favoritas, e nome das participantes cun número. Ese documento será o mesmo para todas e irá adxunto, e no correo direivos só o número correspondente á vosa AS. De xeito que só tedes que mirar o cadriño, ver as súas cores favoritas, onde vive, e... mans á obra!!!!! Aínda que o último día para envialos é o 15, sería convinte que os enviasemos canto antes para asegurarnos de que cheguen ó cole a tempo, ademais hai participantes de moi lonxe!!!!
Eu fareino hoxe, e mañá ou pasado xa o envío.
Unha cousiña, cando os enviedes mandádeme un correo electrónico para ir sabendo e así vou lembrándolles ás que falten por enviar por se se pasan do prazo ou así, vale? Moitas grazas pola vosa participación!!!

5/6/10

AVANCE DO INTERCAMBIO ENTRE PROFES

Hoxe é o último día para poder apuntarse a participar no "I Intercambio de Manualidades entre profes" que organizamos dende COUSAS DE PEQUES. Mañá, intentarei que sexa a primeira hora (para que xa aproveitedes o día, e cando o teñades feito xa enviedes o paquetiño) mandareivos o correo co nome e dirección da vosa amiga secreta, e as súas cores favoritas, para telas en conta e personalizar así o traballo ós seus gustos.
Adiántovos que de momento somos 18, non está nada mal, 9 parellas!!!! pero como aínda quedan unhas horiñas... Conseguiremos pasar de 20????

4/6/10

E TAMÉN FESTEXA CON NÓS...

As súas 5.000 visitas, Laura, do blogue "Profe...¿ qué hacemos hoy?" e queremos compartir todos vós o premio, aquí está. Por suposto, dende aquí vos animamos a que pasedes tamén polo seu blog para enterarvos que que é o que pasa no seu cole.

PREMIO DE "LIBRETAS DE COLORES"

O blogue "Libretas de Colores", de María, está de festexo, tras recibir as primeiras 5.000 visitas, e quere festexalo con nós, por si nos envía este premio tan chuli. Botádelle unha ollada ó blog, e paredes que cousas tan chulis fan, e logo compartide o premio, coma nós, con todos os lector@s.

E tamén Vicen de "Viajeros del tiempo" está de festexo polas súas primeiras 10.000 visitas!!! Aquí deixamos o selo, e o compartimos con ela, e con todos vós.

AS NOSAS CAIXAS DE TESOUROS SECRETOS

A profe ten na clase unha caixa de tesouros, esa na que vai gardando os debuxos que lle levamos de agasaio, as flores..., pero xa se está quedando pequena!!!! Un día, alguén na asemblea dixo que tamén quería ter unha caixa de tesouros, e moitos foron os que apoiaron esa idea, así que... puxémonos man á obra, e...
Agora, cada unós ten a súa propia "CAIXA DOS TESOUROS E SEGREDOS" na casa, onde poderemos gardar aquelas cousas valiosas para nós.
Mirade que chulas quedaron!!!
Algúns levamos as caixas cambiadas porque, ó non poñerlles o nome na casa, logo cada un se liaba con cal era a súa ou non, así que... ó final, remendamos como puidemos.

3/6/10

O LIBRO DAS CORES

Xa rematamos o noso libro das cores, un caderniño que fomos facendo durante o curso. Nel, dado que nós traballamos tódalas cores, o mesmo que tódalas letras, e tódolos números e formas xeométricas... de xeito significativo, aproveitamos para recalcar a aprendizaxe destes conceptos, sobre todo das cores, pero tamén dos outros, a través de distintas actividades plásticas.
Aquí podedes ver como quedaron os nosos caderniños, e algunhas das actividades que se inclúen nel(nas que utilizamos moi distintos materiais: plumas, pauciños de madeira, algogón, "lentejuelas", gomets...)

PARA DESCARGAR FONTES DE TRANSPORTES

Se queredes descargar distintos tipos de letra relacionados coa temática dos transportes, aquí vos deixamos un enlace, picade na imaxe, e iredes directamente á páxina, onde atoparedes, entre outras, as dos modelos que aparecen nela.

1/6/10

ENCÁNTANOS O DEBUXO LIBRE PORQUE AS NOSAS OBRAS SON ÚNICAS...



PÁXINAS CON RECURSOS PARA MEDIOS DE TRANSPORTE E COMUNICACIÓN

Aquí vos deixamos algúns enlaces a páxinas con material que vos pode valer cando, coma nós agora, traballedes os medios de transporte.
Algúns mandoumos Ana, a nai de Sara, por e-mail. Moitas grazas!!!!

RECURSOS: MEDIOS DE TRANSPORTE

Recursos de primera escuela
Xogo de Educación Vial
UD. Os medios de transporte. UDICOM
Conto do tren
Os sons dos transportes (youtube. Eugenia Romero)
Os medios de transporte (youtube. en inglés)




E no blogue de Eugenia Romero podedes ver tamén unha idea moi chula de como facer un conto dos transportes en goma eva. A que está moi chulo?
 
poemas de amor