BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

25/5/12

PLASTIQUEANDO

Cada día temos un tempo para adicar a facer as nosas propias obras plásticas. Para iso, dispoñemos de moitos tipos de papeis, ironfix, papeis con formas de cores defirentes, cartolinas corrugadas... e con todos esos materiais facemos cadros, moi pero que moi bonitos. Vouvos ensinar só algunhas... a ver que vos parecen:


 

24/5/12

ANIMACIÓN BILINGÜE: O PITO CAIRO

Os proefes xa collemos "carrerilla" con isto das representacións, e hoxe houbo outra sorpresa. Aproveitamos que Julio (o auxiliar de conversa que temos no cole) se marcha para a semana, e pedímoslle se podía colaborar con nós contándonos un conto en inglés, ha "Hora de Ler" e como accedeu á nosa proposta, xurdiu unha nova animación á lectura grupal. Así, fíxose a representación do conto O PITO CAIRO, bilingüe. Mentres a profe Sara nos contaba o conto en galego, os personaxes representaban a historia, e logo, contaba a historia en inglés Julio. Era algo así como unha tradución simultánea. Resultou moi ben a actividade. Mirade un pouquiño do "atrezzo".

 

23/5/12

MARCI PRECISA A NOSA AXUDA

Volvemos a ter novas de Marci, que desta vez está moi, moi preto!!! A ver se nos podedes axudar dicíndonos como se chama o sitio onde está, que animais pode haber alí, que plantas, como se chama o río... xa sabedes, toda información nos será válida para pescudar máis e máis cousiñas e, de paso, axudarlle a Marci. Por certo, lede a carta, hai novidades:

 

21/5/12

O NOSO LIBROS DOS NOMES DECORADOS

Imos facer un libro dos nosos nomes decorados. Antes de montalo, imósvos ensinar o chulis que nos quedaron as nosas decoracións.







Gustáronvos?
 

CONVERTINDO O NOSO DICIONARIO DE IMAXEN EN ALBUM DE CROMOS

Na clase dispoñemos dun material, feito pola profe, dende principio de curso. É un dicionario de imaxes. Nel escribimos o nome de palabras que están debuxadas, escribimos o nome dos debuxos... pensamos que máis palabras poderían ir na páxina dunha determinada letra e inserimólas nela... Para facer isto, ás veces debuxamos, ás veces buscamos en revistas e recortamos e pegamos cousas, e tamén ás veces, poñemos pegatinas. Así, é como estamos convertendo o noso dicionario nun auténtico album de cromos. Con eles, temos que ir mirando a que páxina pertencen, para despois pegalos no seu sitio correcatamente, como se escribirá o seu nome... Mirade:



Este traballo imos facéndoo en pequenos grupos, e así ímonos axudando uns aos outros, unha vez que coñecemos a dinámica.
 Gustouvos a nosa idea?
 

16/5/12

CONTACONTOS DO COELLIÑO BRANCO

Esta semana os profes de infantil transformámonos en: formiga, cabra, boi, can, coello... para poder facer unha representación do conto "O coelliño branco". Saiu bastante ben, pois aos nen@s lles encantou, así que... probablemente repitamos, aínda que con outro conto, claro. E pode haber sorpresas, así que... estade ben atent@s!!! Aquí vos amosamos un chisquiño da obra.


 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Xa sabedes que este ano o 17 de maio, día das Letras Galegas, se adica a Valentín Paz Andrade. No colexio fixemos algunhas actividades para conmemorar este día.
Fomos ao Teatro a ver un recital poético dos nenos e nenas de 3º ciclo.


Fixemos o noso propio recital poético, no patio infantil, tódalas clases do noso ciclo.

Nós colaboramos tamén realizando parte do decorado:

Elaboramos tamén un mural colectivo (tódalas clases de infantil) no que se recollían as nosas poesías adornadas en función da temática traballada polo autor.

 Esta parte corresponde ao noso traballo:
Xa que nos tocou facer a poesía da flauta de Bernardino, adicada ao mundo do pastoreo.
Para a nosa actuación fixemos as nosas propias flautas, e tamén un poster xigante para que os nosos compis o puideran ver, e algúns ata ler!!!
 Que vos pareceu?
 

1/5/12

OS ANIVERSARIOS DE ABRIL

Aquí están os cumpreañeiros do mes de abril, que xa teñen 5 aniños, e estaban así de ledos antes de comezar a entrega de agasaios, e a presentación de tódolos cumpreañeiros e cumpreañeiras de infantil.
 
  Parabéns peques!!!

O DÍA DO LIBRO

No cole o 23 de abril, festexamos o día do Libro. Para iso, houbo varias actividades programadas de antemán: - Traballo de cada clase do colexio (infantil e primaria)sobre un capítulo da obra de Cervantes "El Quijote". - Preparación en infantil dos personaxes para o noso cortizo. - Preparación en infantil dun "troco de libros" para nen@s, familias e prof@s. - Exposición final dos libros feitos de cada capítulo da obra, por tódalas aulas.
Adiantámosvos aquí como fomos preparando o noso mural:
 Aquí podedes ver como traballamos sobre o capítulo que a nós nos tocara "El encantamiento de Don Quijote":
E como nos quedou ao final o noso libriño:

 Aquí podedes ver como nos quedou o mural e como fixemos o troco de libros:
 

E finalmente, a exposición que está na entrada do cole:




 

VISITAS DOS MAIORES PARA LERNOS CONTOS

Xa sabiades da noso gusto exquisito dos contos e das lecturas compartidas. Sabiades tamén que as familias xa viñeron en moitas ocasións a deleitarnos coas súas lecturas, tamén entre nós (por parellas, en pequenos grupos...) compartimos lecturas... pero agora a novidade é que os nenos e nenas maiores (os de Primaria) veñen a contarnos contos tamén. De momento viñeron dúas clases a facer as súas lecturas (reparten a súa clase en seis grupos, e veñen contos distintos contos a cada unha das seis aulas que temos de infantil). Aquí podedes ver un exemplo, da primeira actuación contacontos que tivemos dos nenos da clase de Margarita. Como non, aproveitamos os nosos sombreiros para "metelos en materia" e que os nervos se disipasen por aí.
 Ao rematar cada un recibiu unha merecidísima medalla, pola nosa parte.


ALGUNHAS COUSIÑAS QUE ESTIVEMOS FACENDO SOBRE A SABANA

Nestas semanas estivemos pescudando información sobre a sabana, a fauna, a flora, que é a sabana... e a modo resumo podemos dicirvos que se trata dun hábitat que non é o suficientemente seco para ser un deserto nin o suficientemente húmido para ser un bosque, por tanto, está entre ámbolos dous hábitats.
Existen un montón de especies animais na sabana, nós estamos centrándonos na africana (porque é onde está Marci) pero sabede que hai sabanas en máis partes do mundo. O que máis nos gusta da sabana africana é que hai unha morea de especies animais (cebras, xirafas, rinocerontes, elefantes, ñus, moitísimas especies de antílopes, leóns, guepardos, boitres, aguias...).
Estamos tentando saber moitas cousiñas deles, e facemos moitas pesquisas. Algunhas no EDI, outras nos libros da biblioteca do cole, outras nos libros da biblioteca de aula, e mesmo na casa (e logo traemos información). Despois de pescudar, aproveitamos para facer xogos, ou fichiñas relacionadas coas cousas que aprendemos.
Por exemplo, o outro día cada un debuxou aos seus animais favoritos da sabana (2 ou 3) e despois fixo a descripción de cada un (cantas patas teñen, que comen, como é a súa pel...)
Aquí podedes ver outras cousiñas que fixemos:



 
 
poemas de amor