BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

6/9/12

IDE COLLENDO FORZAS

Peques!!!! (bueno, agora xa non tan peques, que seremos os maiores!!!) Que tal pasáchedes o verán? Espero que xenial!!! Pois ide collendo forzas porque os profes estamos preparando todo para que este ano aprendamos moitísimo, e tamén para que o pasemos moi, moi ben. Xa non queda nada!!! Non vos esquezades de ir adestrando iso de madrugar, e xa toca acostarse máis cedo, que tedes que ter as pilas ben, ben cargadiñas. Ata mércores!!!!!
 

28/6/12

BO VERÁN!!!!

Ola, aquí está o prometido: A fotiño do noso cumpreañeiro de xuño.
 Algunha lembranza á actividade na que co micro lles contamos aos nosos compis que nos gustaría facer nestas vacacións...

E as fotiños da saída á Praia de Morouzos, onde o pasamos xenial!!!!






E agora sí, ata a volta en setembro, espero que o pasedes moi pero que moi ben nas vacacións, e iso sí, non vos esquezades de que as vacacións son para gozalas, xogar, relaxarse... pero á volta, quérovos ver a tod@s moi traballador@s, eh!!!! é que xa imos ser os maiores do cole (de infantil, pero os maiores ao fin).
 

DÍA DE DESPEDIDAS

Non quero esquecerme neste día de despedidas, no que algunhas compañeiras se van para o próximo curso a outros coles (Ana, Sara, Aroa, Mirella...) de desexarlles boa sorte a todas elas no seu novo destino, pero en especial á miña compi Ana, que cambia para un cole máis pretiño da súa casa, e que xa non estará con nós o próximo curso, cando seremos os maiores do cole (os de 5 anos).



Esperamos as túas visitas e os teus comentarios de cando en vez.
E... seguro que ata podemos facer algo xuntas na distancia... teremos que pensalo!!!

 

25/6/12

POR FAVOR SE SODES PROFES...

Colaborade cun estudo metodolóxico que se está a facer, e facede a enquisa que tedes na parte superior, ou directamente, premede AQUÍ. Só vos levará un par de minutos. Se coñecedes profes, podédeslles mandar o enlace, pois cantas máis enquisas se reciban, máis real e completa poderá ser a análise reflictida nel. É unha enquisa coa que se pretende coñecer as metodoloxías máis empregadas (non só en infantil, tamén en primaria, ou secundaria). No punto final non vos esquezades de poñer o voso enderezo electrónico, e así, poderedes coñecer os resultados xerais da enquisa. NOTA: Está feita en castelán porque é para toda España. Moitas grazas pola vosa colaboración.

COUSIÑAS DE FIN DE CURSO

Non pensedes que me esquezo, teño que actualizar sobre a saída a Morouzos, os cumpreanos de xuño (o de Pablo)... pero non o poderei facer ata dentro duns días. Estade atent@s ás actualizacións... e sobre todo GOZADE DAS VACACIÓNS!!!!!

4/6/12

A NOSA MINI EXPOSICIÓN

Cada día nos gusta máis crear, facer cadros, debuxos... pegando cousas, misturando materiais... E ás veces conseguimos facer cousas tan bonitas, que as poñemos para que todo o mundo as vexa. Un exemplo sería esta mini-exposición de traballiños que temos no corredor, diante da nosa porta da clase.



FACENDO AS PORTADAS DESTE TRIMESTRE

Este trimestre pasou voando, e xa estamos preparando as portadiñas para ir clasificando os nosos traballos para telos preparados. Este mes temos moitas cousas pendentes e non nos pode coller o tempo dessistados. Así é como estamos facendo as nosas portadas:



 

3/6/12

Aínda que o día da festa non veu porque estaba enfermiña, agora xa recuperada, podedes ver como posa coa súa coroa e o seu pergamino. Parabéns María!!! Que maior!!!

 

UNHA FIN DE SEMANA ESPACIAL

O martes viñeron unhas amigas da profe a contar un conto (Vanesa, María e Vane). Levaban tempo preparando as cousas para vir a contarnos o conto, e ata a propia historia foi feita por elas (inventaron a historia, fixeron as ilustracións... todo!!!). Pero... non só iso, tamén fixeron un foguete, un boneco de neve, uns coches, e ata un planetario (todo relacionado, claro, coa historia que viñan contarnos). Os profes colaboraron tamén (algúns facendo nevar nun momento dado, outros conducindo os coches...). Para que vos fagades unha idea, mirade:


Por certo, dende aquí dámoslles os parabéns ás contacontos, e as convidamos a voltar cando queiran. Moitas grazas por vir!!
 

29/5/12

TRA-LO 1º CONCURSO DE BIBLIOS...

Ollade os espectaculares cambios sufridos nas biblios de aula do noso cole, despois do concurso de bibliotecas. Aquí tedes un resumo:


 

28/5/12

OS CUMPREANOS DE MAIO

Hoxe tivemos a festa de cumpreanos, e aínda que tiñamos que ter dúas cumpreañeiras, María debe estar enfermiña e non veu ao cole. Así que, Icía tivo hoxe o festexo xunto co resto de nenos e nenas de infantil que cumpren en maio, e tamén coa profe Loli (xa sabedes que os profes tamén participamos e temos as nosas coronas, agasaios, coma os peques). Mirade que guapa, e que maior está xa a nosa cumpreañeira:
Mirade o agasaio tan bonito que lle fixemos os compis!!!


ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE BIBLIOS

Hoxe fíxose entrega dos premios do I Concurso de Bibliotecas de Aula, do noso cole. E...sabedes quen gañou en Educación infantil? Nós!!!! Sí, ao xurado encantoulles a nosa biblio, e agora xa temos nela os nosos diplomas (de participantes e de gañadores), a nosa perchiña da Hora de Ler (para poñer na porta e que ninguén nos moleste)e tamén un vale de 50 € para mercar material para a nosa biblio!!! Vaia regalazo!!! Hoxe, a cumpreañeira do día foi a encargada de recoller os premios en nome de toda a clase. Por certo, todas as clases tiveron algún premio, pois todas traballaron moitísimo!!! Pero nós tivemos unha mención especial (había unha para cada ciclo). Mirade o contentos que estamos tra-la recollida dos agasaios:

 

O FUNCIONAMENTO DA NOSA BIBLIO DE AULA (COMO RECANTO)

Esqueceusenos contarvos que, a nosa biblioteca de aula, cando a utilizamos como un recanto (non para a Hora de Ler conxunta nin para unha animación, etc) funciona cun carné lector, ademais do que temos para os recunchos. Así, cada un dos 4 (que como máximo poderían estar nese recanto) tería que buscar o seu carné, colgalo nun dos 4 colgantes que temos, e poñelo. Así, como só hai 4, e todos os lectores dese recanto o terían que ter, xa eles mesmos saben cando poden e cando non ir alí. Ademais, para coller os libros, como é lectura rápida (non é empréstito para a casa) terán que utilizar os seus marcadores. Así, cando collan un libro deixan o marcador no seu sitio e non se esquecen logo de onde teñen que colocalo. Cando rematen no recanto volven poñer os marcadores no seu sitio. Mirade como fixeron hoxe os dous nenos que quixeron ir ao "Xardín dos Contos".
 Puxeron o carné lector co colgante e sentáronse nos coxíns de lectura.
 Puxeron o seu marcador no sitio onde colleran o libro.
 

25/5/12

NOVA VISITA: CONTACONTOS DOS NENOS DA CLASE DA PROFE OLGA

Hoxe volvimos a ter visita dos maiores (de 2º). Viñeron cargados de gañas de contarnos o conto de Max "ONDE VIVEN OS MONSTROS".

Mirade o ben que o fixeron, e de paso... estrenaron con nós o "xardín dos contos":
 

TEMOS UNHA BIBLIOTECA DE AULA NOVA

Estas semanas tiñamos unha sorpresa, por iso estabamos tan caladiños. O caso é que o equipo da biblioteca do cole organizou un concurso de "bibliotecas de aula", e, como non, puxémonos mans á obra para cambiar a nosa, que se lembrades... era así:
 Agora, despois de moitos traballos para: catalogar os libros, facer as distribucións por temáticas, facer unha "enfermería para libros", decorar ao "MOUCHO CUENTÍN" (a nosa mascota, facer as normas da biblio... a nosa biblio quedou así de chuli:

- Distribuimos os libros por temáticas, analizando cales eran os clásicos, cales eran revistas...
- Fixemos carteliños cos nomes cos que iamos distribuir os nosos fondos.


- Fixemos as normas da nosa biblioteca.
- Fixemos unha "enfermería de libros", pois así, cada vez que algún se desgrape, ou rompa (SEN QUERER, claro) pois poñémolo aslí e a profe xa o amaña.

- Fixemos os nosos "CARNÉS LECTORES"
- Aquí montamos un pequeno espazo, onde están os nosos marcadores, os carnés, e tamén as medallas de contacontos, que lle damos a todos os nenos e nenas maiores que veñen a contarnos contos.
- Así ía quedando o noso panel cos distintos tipos de fondos que temos.
E, finalmente, así quedou o noso "XARDÍN DOS CONTOS".

Gústavos?

 
 
poemas de amor