BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

17/11/10

FILOSOFANDO CON CONTOS

Os mércores traballamos a primeira hora da mañá algo de filosofía, ou tamén lle podemos chamar XOGAR A PENSAR. Dende que comezamos esta sesión, e dado que nos baseamos en xogar a pensar con contos, nós traballamos coa historia de "Riciños de Ouro e os 3 osos". E xa levamos falado moito sobre o conto, averiguamos cousas, fixemos hipótesis, observamos...
 Hoxe o que sucedeu foi que... atopamos unha bolsiña, a mesma que Riciños de Ouro, supostamente, se atopou no bosque... e nós cos ollos tapados (coa bufanda que nos prestou Ainara) tivemos que meter a man dentro, e intentar adiviñar que cousas habería dentro, pero para iso... tiñamos que describilas: se eran grandes ou pequenas, se estaban frías ou quentes, se eran ásperas ou suaves... e logo, fomos dicindo de onde críamos que poderían sair esas cousas que había na bolsa.
 Deixovos aquí uns debuxiños por si os queredes colorear na casa, vale?


E xa de paso... para refrescar a memoria, deixámosvos un video para que vos lembredes da historia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
poemas de amor