Nunha asemblea que comezou como cada día contando cousiñas que fixemos, a onde fomos... rematou falando de comidas favoritas pois alguén comentou o que comera na casa da súa avoa.
Pero... para que "non se contaxiaran" as informacións e todos dixeran as mesmas cousas, pois moitas veces se deixan levar polo que din os demais e non dan a súa verdadeira opinión, fixemos unha asemblea secreta. Como? Pois cada un me dixo ao oído cal era a súa comida favorita, e eu ía apuntando todo nun papel. Despois para que todos estiveran atent@s, eu dicía en voz alta: "a quen lle gustaba..." e eles ían levantando a man, enon houbo problema ningún de que cambiasen de opinión, nin nada diso.
A miña sorpresa: non houbo ningunha comida tipo pizza, hamburguesa... senón que houbo caldo, polbo, sopa, carne con patacas... un variado menú!!!
E outra sorpresa: os xemelgos Marcos e Julián dixeron croquetas e estaban sentados moi separados na asemblea!!! Coincidencia?
Despois aproveitamos e cada un fixo un debuxo da súa comida favorita, mentres a profe imprimía fotos deses pratos sacados de internet, e con eles fixemos este mural que temos na nosa clase.
Gústavos? Cal é a vosa comida favorita?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario